Onte domingo 19 de novembro tivo lugar unha
xornada de formación, reflexión e análise da situación asociativa da AC A
Fervenza de Ouzande. Esta xornada estaba destinada a Xunta Directiva da
Asociación e tiña como obxectivo facer unha descrición da situación actual do
colectivo de Ouzande así como analizar as perspectivas de traballo futuro da
mesma. Despois de 16 anos de traballo asociativo ininterrompido, a Xunta
Directiva considerou necesario facer
unha reflexión sobre o realizado ata agora, así como o futuro próximo da
entidade, tratando de que esta continúe contribuíndo ao desenvolvemento
cultural e sociocomunitario da parroquia.
Para garantir a calidade do debate e da
análise dos contidos citados contouse coa colaboración dun dos mellores
coñecedores do ámbito no que traballamos, o Técnico de Animación Cultural no
Concello de Vedra e Educador social, Iván García García, tamén profesor na Falcultade de Ciencias da Educación.
A xornada tivo lugar no albergue de Sabucedo e
prolongouse durante todo o domingo. Os dez asistentes da directiva compartiron
o xantar no propio albergue.
O encontro resultou enormemente enriquecedor,
e a través de diferentes dinámicas propostas polo ponente, fíxose un repaso
pola historia asociativa da Fervenza, e as súas potencialidades cara ao futuro,
pero tamén se reflexionou sobre a importancia de conceptos como a participación
de calidade, planificación e organnización, democracia cultural, etc.
O relator tamén expuxo un resume de boas
prácticas asociativas baseado na experiencia do Concello de Vedra, que con 12
parroquias e 5000 habitantes conta con perto de 80 asociacións en activo.
Os participantes aproveitaron para gozar da
riqueza patrimonial e paisaxística de Sabucedo, realizando un percorrido pola
parroquia e a contorna dos muíños da mesma.
Picando na imaxe podes acceder a máis fotos do encontro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario