PROGRAMACIÓN PRIMAVERA 2018
OBRADOIRO DE APROVEITAMENTO DE PLANTAS
MEDICINAIS
O obradoiro ten como obxectivo o
recoñecemento de plantas aromáticas e medicinais que temos ao noso
arredor, así como a elaboración de substancias para diferentes usos: cosméticos ou
terapéuticos. Tamén se traballará a extracción de propiedades das
plantes a través de alambiques. Os asistentes levarán mostras dos
produtos elaborados.
A obradoiro será impartido por Montse
Fernández Búa, agricultora ecolóxica e especialista no
aproveitamento de plantas e recursos naturais para diferentes
utilidades. Rexenta a Bio Tenda Casa Xorxeira na Praza de Abastos da
Estrada.
A actividade enmárcase dentro da
filosofía da Asociación de achegar aos seus asociados e público
xeral información teórica e práctica sobre un uso responsable e
limpo dos recursos naturais que nos rodean.
A sesión terá lugar o próximo 21 de
abril, sábado, a partir das 6 da tarde no local social de Ouzande.
O prezo será de 3 euros para socios e
socias e de 8 euros para persoas non socias. As prazas son limitadas.
Poderanse inscribir na Taberna de Ouzande (986570285) ou no correo
electrónico da asociación carreirosouzande@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario