luns, 5 de novembro de 2018
Foliada de Outono en Ouzande
A Fervenza de Ouzande presenta un novo proxecto festivo e musical, A Foliada de Outono. A Asociación promove desde a súa fundación en 2001, a difusión da nosa música a través da organización de actividades diversas. Desde as clases de música, canto e baile tradicional que cada ano acollen a máis de 60 persoas de todas as idades, ata a organización de eventos festivos como foron o FESTIVAL MÚSICAS DA TERRA, que xuntou aos mellores grupos de música galega en Ouzande ata o ano 2007, cando se deixou de organizar, despois da súa novena edición.
No ano 2008 encetouse un novo proxecto, A Fervenza de Músicas. Un formato de festa tradicional con música a pé de campo e que se facía cadrar coas festas parroquiais do mes de setembro en Ouzande. Ducias de grupos de música tradicional e centos de músicos pasaron polo campo da festa da parroquia ata o ano 2016 onde baixou o tea esta proposta tamén na súa novena edición.
Neste ano 2018 recuperamos o impulso e propoñemos un novo evento festivo e musical. A Foliada de Outono trata de xuntar a proposta musical e a festiva e estacional nun mesmo evento. Así, ofrecemos unha Foliada cunha importante oferta musical acompañada da celebración da estación do outono.
O programa desta Foliada de Outono será:
Data: Sábado 10 de novembro
Lugar: Campo da Festa de Ouzande
Hora: 20:00 horas
Grupos musicais
Banda de Gaitas INVERNÍA (Ouzande, Costa da Morte, Santiago e Vedra)
Grupo de canto tradicional RECANTO DE OUZANDE
Foliada aberta
Xogos tradicionais e populares desde o inicio da festa
Castañas asadas de balde para os asistentes
Haberá posto de polbo e churrasco e servizo de bar.
Haberá carpa.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario