venres, 13 de setembro de 2019
INICIO DAS CLASES DE MÚSICA EN OUZANDE COA BANDA DE GAITAS INVERNÍA
CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL EN OUZANDE
ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA, TAMBORIL. CURSO 2019-20
A AC A Fervenza de Ouzande comezará, un curso máis, as súas clases de música e baile tradicional cun acto de presentación e un concerto da Banda de Gaitas INVERNÍA.
A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a un acto que terá lugar o próximo sábado 21 de setembro no campo da festa de Ouzande, ás 21:30 h. Neste informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. As clases comezarán o PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE OUTUBRO.
A presentación terá como colofón a actuación da Banda de Gaitas INVERNÍA, da que forman parte os músicos do grupo Retrouso da Fervenza de Ouzande. Como sabe, agrupación ven de actuar en representación de Galicia no Festival Intercéltico de Lorient, colleitando un importante éxito e moi boas críticas.
A Banda está formada, ademais dos músicos ouzandeses, por outros das agrupacións: Gaiteiros de Buxantes (Dumbría), Pana Raiada (Compostela) e Sonche Lerias (Vedra).
Ao remate do concerto continuarase cunha foliada na que participaran os músicos e alumnos das diferentes clases.
Haberá un posto con servizo de bar, bocadillos e empanada para os asistentes. O campo estará cuberto.
As persoas interesadas poden informarse ou matricularse en:
carreirosouzande@gmail.com
facebook.com/afervenza.deouzande
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario