EN NADAL TAMÉN IMOS ANDAR
O próximo mércores 25 de
decembro, a AC A Fervenza de Ouzande inicia o co seu programa de
Actividades do Inverno coa convocatoria da décima edición da Ruta
de Nadal. Nesta ocasión escolleuse a RUTA DOS MONTES DE OUZANDE E A
SOMOZA.
A Asociación convida a
pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente. Gozaremos da
paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e seguro que tamén para
alixeirar a copiosa cea de Noiteboa. A actividade é gratuíta.
A actividade só será
suspendida en caso de que as condicións meteorolóxicas impidan a
súa realización.
PERCORRIDO: 10
quilómetros, atravesando os montes das parroquias de Ouzande e A
Somoza, polos antigos carreiros e camiños, reparando en diferentes
puntos de interese.
DIFICULTADE: baixa
MATERIAL: roupa cómoda,
calzado de inverno, e ter en conta a predición meteorolóxica.
SAÍDA: 10:15 (Igrexa de
Ouzande)
REGRESO: 13:15h (Igrexa de
Ouzande)
PUNTOS DE INTERESE: no
noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
-Muíños da Fervenza. Conxunto formado por sete muíños distribuídos en pouco máis de
cincocentos metros, o máis antigo data do S. XVIII. É unha zona de
especial beleza pola vexetación que conserva numerosas especies
autóctonas (varias carballeiras, bosque de acivros, vexetación do
curso fluvial do regueiro da Fervenza, salgueiros, ameneiros...).
Destaca a orografía que crea neste punto a famosa Fervenza, e son numerosos os cachóns ou pichos, ao longo desta parte de
percorrido fluvial na nosa ruta. Debido ás recentes chuvias observaremos estampas de extraordinaria beleza.
- Montes da Somoza. No
transcurso da ruta pola esta parroquia atravesaremos varias masas de
bosque autóctono con abundantes carballeiras, castiñeiros, acivros,
e vexetación de ribeira, á beira dos numerosos regatos que pasaremos no percorrido. Cruzarmos tamén o pequeno lugar de Bargo,
na parroquia da Somoza, con algunhas construcións da nosa
arquitectura rural tradicional.
Mapa da ruta
Ningún comentario:
Publicar un comentario