Convócase Xunta Xeral anual da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, que terá lugar o domingo 12 de febreiro de 2023 ás 6 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:
1. Informe de xestión (Inclúe proxección de vídeos repasando a historia
de máis 20 anos de asociación)
2. Elección de Xunta Directiva
3. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2023
4. Programación anual.
5. Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente
e rosca.
En Ouzande, A Estrada, febreiro de 2023
PD.
Na reunión estarán xa a disposición de todos os socios e socias os
recibos da cota anual deste ano. Despois da reunión quedarán á túa disposición
na Taberna de Ouzande.
Despois de 3 anos volvemos
encontrarnos. Non faltes!
Estamos á túa disposición no correo: carreirosouzande@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario