Este sábado, 22 de xuño, a partir das 21 horas, no campo da festa de Ouzande, terá lugar o peche festivo das clases de música, baile e canto tradicional correspondente ao presente curso 2023-24. que incluíron as disciplinas de gaita, percusión, canto, pandeireta e baile tradicional. Unhas 30 persoas acudiron á súa cita semanal nestas modalidades.
O evento do próximo sábado iniciarase coas actuacións do alumnado a fin de mostrar a súa progresión nas diferentes disciplinas das clases. A foliada continuará coa participación de dous grupos amigos, como son PEDRAS MIÚDAS (Lires_Cee) e SONCHE LERIAS (San Xián de Sales_Vedra). Convidamos tamén a que as persoas que o desexen traian os seus instrumentos e ganas de pasalo ben para continuar coa festa.
Haberá servizo de bar con bebidas e chourizos asados a prezos módicos.
CAMISETAS DA FERVENZA DE OUZANDE
Aproveitaremos esta actividade para poñer á venda a camiseta da Fervenza 2024. Nesta ocasión o deseño, de Rosa de Cabanas, homenaxea ás clases de baile da asociación. Tamén se porán á venda bolsas(tote bag) co mesmo deseño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario