O próximo mércores 25 de decembro, a AC A Fervenza de Ouzande retoma o seu programa de camiñadas a pé cunha nova edición da Ruta de Nadal. Nesta ocasión escolleuse a RUTA CIRCULAR DOS MONTES DE OUZANDE E A SOMOZA.
A Asociación convida a pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente. Gozaremos da paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e seguro que tamén para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa. A actividade é gratuíta.
A actividade só será suspendida en caso de que as condicións meteorolóxicas impidan a súa realización.
PERCORRIDO: 10 quilómetros, atravesando os montes das parroquias de Ouzande e A Somoza, polos antigos carreiros e camiños, reparando en diferentes puntos de interese.
DIFICULTADE: baixa
MATERIAL: roupa cómoda, calzado de inverno, e ter en conta a predición meteorolóxica.
SAÍDA: 10:00 (Igrexa de Ouzande)
REGRESO: 13:00h (Igrexa de Ouzande)
PUNTOS DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
-Muíños da Fervenza. Conxunto formado por sete muíños distribuídos en pouco máis de cincocentos metros, o máis antigo data do S. XVIII. É unha zona de especial beleza pola vexetación que conserva numerosas especies autóctonas (varias carballeiras, bosque de acivros, vexetación do curso fluvial do regueiro da Fervenza, salgueiros, ameneiros...). Destaca a orografía que crea neste punto a famosa Fervenza, e son numerosos os cachóns ou pichos, ao longo desta parte de percorrido fluvial na nosa ruta. Debido ás recentes chuvias observaremos estampas de extraordinaria beleza.
- Montes da
Somoza. No
transcurso da ruta pola esta parroquia atravesaremos varias masas de bosque
autóctono con abundantes carballeiras, castiñeiros, acivros, e vexetación de
ribeira, á beira dos numerosos regatos que pasaremos no percorrido. Cruzaremos
tamén diferentes lugares da parroquia da Somoza, con algunhas construcións da
nosa arquitectura rural tradicional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario