mércores, 28 de novembro de 2012

Estás convidado Estas convidada....OU

Aí che queda o convite para a presentación do disco de Retrouso o venres no Principal da Estrada. As entradas, de balde, hai que retiralas no Teatro Principal. A billeteira estará aberta desde as 8 da tarde.  


Presentación de OU de Retrouso na Estrada


Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco. Retrouso é un grupo de música tradicional e popular nacido en 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande e leva realizado ducias de actuacións en festas, romaría, festivais e diversos eventos por todo o país. O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e recolle unha mostra de pezas tradicionais e de autor (Marcos Varela Couselo). O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes. Compoñentes: Noelia Bouzón: gaita Cesar Vicente: gaita Fon Chedas: gaita e acordeón Pablo Neiro: gaita e acordeón Oscar Durán: gaita Martín Varela: gaita Ines Bugallo: gaita e percusión Manuel Anxo Rey: gaita Manu Bouzón: gaita Miriam de Castro: gaita Marcos Varela: acordeón Xosé Martíns: percusión e saxo Manuel Bouzón: percusión Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada) Darío Balado: voz (Convidado)

luns, 12 de novembro de 2012

festa dOUtono 2012


Sábado 17 de novembro.
A partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande

Celebramos a festa das castañas en Ouzande. Haberá castañas asadas e viño novo, de balde para todos os asistentes.
Este ano teremos novidades gastronómicas interesantes para facer unha festa máis doce para todos:
-Degustación de pasteis e doces elaborados con castañas cociñados por socios e socias. Se ti queres traer algo, tamén podes.
-Teremos un posto de degustación e venda de produtos feitos con castañas do Caurel (marca Caurelor)

Tamén teremos un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para completar a festa.

Non faltará a música cos compoñentes de Retrouso. Ademais este ano imos cantar co grupo de cancións tradicionais da Asociación.
ANÍMATE E PARTICIPA NA FESTA. ESTÁS CONVIDADO/ESTÁS CONVIDADA

Convidamos a todos a traer os seus instrumentos para participar da festa.

imaxes da presentación a noiva e o navio

Aí quedan as mellores imaxes da presentación de A noiva e o navío, coa participación da autora, Susana Sánchez Aríns e Uxío Allo, mestre de dorna. Foi o pasado 27 de outubro no local de Ouzande.

mércores, 24 de outubro de 2012

A NOIVA E O NAVIO de Susana Sánchez preséntase en Ouzande


O próximo sábado, 27 de outubro ás 20:00 h, terá lugar no Local Social de Ouzande a presentación de A noiva e o navio, novo libro da escritora estradense Susana Sánchez Aríns.
No acto participará tamén Uxío Allo, membro da AC Dorna da Illa de Arousa e mestre de navegación de dorna.
Mais información sobre o libro no blog da poeta sobre o mesmo: http://anoivaeonavio.blogspot.com.es/

Susana Sánchez Aríns publicou en 2009 a obra Decostruçom, pola que recibira o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé no ano 2008. Neste mesmo 2012, ven de publicar tamén o libro de poemas Aquiltadas. A escritora é socia da Fervenza de Ouzande, practicamente desde os seus inicios.

Horarios definitivos clases de música 2012-13

Horarios definitivos das clases de música (se queres aínda te podes anotar acudindo ao local neste horario)
SÁBADOS
Mañá:
10:30 a 11:30 ACORDEÓN. Profesor: Marcos Varela.
11:30 A 12:30 GAITA (INICIACIÓN)
Profesor Marcos Varela.
11:30 a 12:30 TAMBORIL. Profesor Xosé Martíns Fofi
12:30 A 13:30 GAITA (Perfeccionamento) Profesor Marcos Varela.
 Tarde:
16:30 a 18:30 PANDEIRETA. Profesora Silvia Martínez Noite:
22:00 a 23:00 CANCIÓNS TRADICIONAIS Profesor Marcos Varela.

xoves, 4 de outubro de 2012

presentación das clases de música e baile curso 2012-2013



Horarios das clases de música e baile no Local Social de Ouzande:

SÁBADOS.
Mañá:
10:30 a 11:30 ACORDEÓN. Profesor: Marcos Varela.
11:30 A 12:30 GAITA (INICIACIÓN) Profesor Marcos Varela.
11:30 a 12:30 TAMBORIL. Profesor Xosé Martíns Fofi.
12:30 A 13:30 GAITA (Perfeccionamento) Profesor Marcos Varela
Noite:
22:00 a 23:00 CANCIÓNS TRADICIONAIS Profesor Marcos Varela.

Todas as clases anteriores comezarán o próximo sábado 6 de outubro

As persoas interesadas en BAILE E PANDEIRETA están convocadas para comezar o sábado 13 de outubro ás 4 da tarde.

Anímate que aínda quedan prazas. Se desexas inscribirte nalgún destes cursos, podes achegarte nos horarios e días indicados ao local social de Ouzande.

Aí quedan unhas fotos da presentación celebrada o pasado 29 de setembro no local social.