Tarde solleira e fermosa a do pasado 23 de abril para recibir os centos de visitantes que chegaron a Callobre para participar neste evento, chegados de Palas de Rei, Laxe, Touro e A Estrada.
Unha coidada organización na que colaboraron diversas entidades, ademais do grupo de Teatro do IES Antón Losada, Avelaíñas, ofreceu un paseo musical e literario polo coidado contorno da Fervenza e do Castro de Callobre.
O grupo Retrouso acompañou a un dos grupos de visistantes, amenizando a visita con varias pezas do seu repertorio. O outro dos grupos era acompañado polos compañeiros Os Regatos de Callobre. Mentres tanto, o grupo de cancións Recanto agardaba nun recuncho do Castro polo paso dos asistentes para interpretar as súas pezas cantadas. Todas as interpretacións teatrais e musicais recibiron o entusiasta aplauso do público.
Aí quedan as imaxes
mércores, 26 de abril de 2017
sábado, 22 de abril de 2017
A Fervenza de Ouzande colabora co Roteiro Teatral e Musical do V Festival de Teatro Escolar da Estrada
Un ano máis os grupos de música da asociación, Retrouso e Recanto, participarán na actividade organizada pola aula de teatro Avelaíñas do IES Antón Losada Diéguez da Estrada. Aí queda o cartel da actividade, á que queremos convidarte:
As nosas gaiteiras máis novas xa están preparadas.
As nosas gaiteiras máis novas xa están preparadas.
Retrouso e Recanto nos Cantos de Taberna da Estrada
O pasado 25 de marzo un grupo de 25 persoas participou nunha nova edición dos Cantos de Taberna da Estrada. Formaron parte de Retrouso e Recanto e tiveron ocasión de compartir a súa música con outros moitos grupos chegados de todo o país polas tabernas da Estrada. A festa rematou cunha comida de confraternidade na que tampouco faltou a música e o canto.
Picando na imaxe poderás ver máis fotos do evento:
Picando na imaxe poderás ver máis fotos do evento:
As imaxes do Antroido Ourovisión 2017
O pasado 25 de febreiro tivo lugar unha nova edición da festa do Antroido en Ouzande. Nesta ocasioón o local social engalanouse para recibir aos participantes no festival OUROVISIÓN 2017 que se celebraba na nosa parroquia. Un numeroso grupo de persoas de todas as idades achegouse convenientemente caracterizado e con moito ánimo festeiro para participar no evento. ABBA, Mocedades, Andres Dobarro, Remedios Amaya, Daniel Diges, Conchita Wurst... participaron nun improvisado concurso no que triunfou a gran Betty Misiego. Non faltou a música, a festa e a merenda. Tampouco quixeron faltar as cegas do antroido de Ouzande que, unha vez máis, recitaron con gran éxito as súas coplas.
Podes gozar das mellores imaxes de Ourovisión se picas na imaxe seguinte:
Podes gozar das mellores imaxes de Ourovisión se picas na imaxe seguinte:
mércores, 22 de febreiro de 2017
OUROVISIÓN 2017 ANTROIDO EN OUZANDE
AC A FERVENZA DE OUZANDE ANTROIDO 2017 OUROVISIÓN EN OUZANDE
Gran festa de antroido este sábado en Ouzande.
A partir das OITO da tarde no Local do Campo da Festa.
Gran baile de disfraces GALA ESPECIAL OUROVISIÓN
Se queres podes vir disfrazado dalgún personaxe do mundo da música ou do espectáculo, da farádula, da comedia ou do que queiras. Teremos música, baile, merenda con produtos típicos de antroido e churrasco, bebidas….
NON FALTARÁN, COMA SEMPRE, AS CEGAS DO ANTROIDO, COAS SÚAS COPLAS SOBRE ACTUALIDADE.
QUEN NON PODE FALTAR ES TI. AGARDÁMOSTE
sábado, 11 de febreiro de 2017
Os vídeos de 2016. A Fervenza de Ouzande
Aí queda o vídeo resume das actividades de todo un ano. Un repaso a 2016 en 10 minutos. Vale a pena gastalos.
e
E a seguir, o resume musical deste pasado 2016. Con Retrouso, Recanto, e moitas sorpresas:
e
E a seguir, o resume musical deste pasado 2016. Con Retrouso, Recanto, e moitas sorpresas:
venres, 10 de febreiro de 2017
Crónica da Xunta Xeral Anual da Fervenza de Ouzande
Unhas corenta persoas achegáronse ao local social de Ouzande para participar na Xunta Xeral Anual na que a. A Xunta Directiva expuxo o informe económico e de actividades do ano 2016, que foron aprobados polos asistentes. Así mesmo todos os socios e socias puideron disfrutar da proxección de vídeos e imaxes que recollían os mellores momentos do pasado ano asociativo. Tamén estivo moi animada e participativa a quenda de rogos e preguntas con diversas intervencións dos asociados. Como remate da reunión, todos os asistentes compartiron unha merenda a base de chocolate quente e rosca.
Aí quedan algunhas imaxes do evento. Se queres ver máis, pica aquí: Fotos Xunta Xeral 17
INFORME DE ACTIVIDADES 2016
A FERVENZA DE OUZANDE
1. Implicación activa dos asociados:
-Alta porcentaxe de pagamento da cota anual.
-Novas altas de socios e socias.
-Participación nas actividades moi satisfactoria. Tanto na cantidade como na implicación nas mesmas.
2. Mantemento de número de iniciativas socioculturais, sobre a vintena.
3. Aumento considerable do número de persoas participantes nas actividades, tanto socias como non socias, chegando ás 1800 Participación moi considerable en actividades como, como a festa d´outono, Festa Aniversario, presentación do disco de Retrouso, Roteiro Teatral, etc.
4. Aposta pola continuidade de actividades relacionadas coa noso contorna e pola nosa relación co medio rural e co medio ambiente. Moi boa acollida tanto cuantitativa como cualitativa.
5. Celebración exitosa do 15º Aniversario da Asociación coa celebración dun Xantar-Festa no que participaron máis de 160 persoas. Destacou o gran ambiente de convivencia e alegría colectiva pola celebración.
6. Mantemento das actividades de aire libre, rutas e excursión, e celebración do ciclo festivo anual, antroido, lumeiro, magosto... Boa participación nas mesmas.
7. Potenciación das Clases de música e baile tradicional. Aumento das persoas inscritas. Aumento de socios. Participación do grupo de cancións Recanto en iniciativas de fóra da parroquia: A Estrada, S. André de Vea, Pontecesures, Guimarei... Consolidación de Retrouso como un referente na música tradicional da comarca. Presentación do 2º disco.
8. Colaboración con outras entidades da contorna., S, André de Vea, AV Santa Apolonia de Guimarei, Regatos, centros educativos. Destacamos a colaboración co grupo de teatro do IES Antón Losada no Roteiro teatral, que se celebrou por segundo ano consecutivo, con participación moi activa da Asociación e un gran éxito de público, chegado de diferentes lugares de Galicia.
9. Consolidación de outras formas de organización a través da posta en marcha, por segundo ano, das Xuntanzas para tecer en Ouzande, xurdidas a partir do Obradoiro de tear realizado no ano 2014. As propias participantes no mesmo puxeron en marcha estas xuntanzas para compartir non só coñecementos e experiencias sobre a materia, senón tamén para falar e compartir vivencias. Neste ano 2016 levaron adiante ademais un proxecto solidario, como foi a confección conxunta dunha manta que foi doada a ONG Implicadas no Desenvolvemento.
Realizáronse un total de 20 actividades nas que participaron unhas 1800 persoas.
Desde a súa fundación, a Asociación leva realizadas 299 iniciativas ou actividades.
ESTA XUNTA XERAL ANUAL ACADOU O NÚMERO DE 300 INICIATIVAS OU ACTIVIDADES REALIZADAS.

mércores, 25 de xaneiro de 2017
Convocatoria da Xunta Xeral Anual da Fervenza de Ouzande. 2017
A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande convoca a Xunta Xeral Anual, que terá lugar o domingo 29 de xaneiro de 2017 ás 17:30 horas no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:
1. Informe de xestión do ano 2016
-Informe de actividades (con proxección de fotos e vídeos)
-Informe económico
2. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2017
3. Programación anual.
4. Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión terá lugar unha merenda con chocolate quente e rosca.
Rógase a asistencia a socias e socios.
Na reunión estarán á súa disposición os recibos da cota anual do presente ano, así comos os pendentes do ano anterior. Despois quedarán á disposición de socias e socios na Taberna de Ouzande.

imaxe da pasada Xunta Xeral
As fotos da Ruta de Nadal
Feliz Ruta de Nadal en Ouzande.
Pechamos as actividades do 2016 coa tradicional Ruta de Nadal, que chegaba á súa sétima edición. Un animado grupo de camiñantes percorreu nunha fermosa mañá de Nadal os 12 km polos montes de Ouzande e A Somoza.
Aí quedan algunhas imaxes. Se queres ver máis, pincha aquí: FOTOS RUTA NADAL 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)