venres, 17 de agosto de 2012

imaxes III xogos oulímpicos ouzande 2012


O pasado domingo, 12 de agosto, tivo lugar a terceira edición dos Xogos Oulímpicos, Ouzande 2012. A actividade comezou, no campo da festa, ás 18:00 coa inscrición dos pequenos deportistas, que acadaron os corenta participantes. Ás 18:30 horas comezou o desfile oulímpico, que rematou co acendido da chama oulímpica e a promesa oulímpica dos participantes. A seguir os cinco grupos de rapaces e rapazas foron realizando as diferentes probas preparadas: ximcarreta, 100 metros pavón, baloncegho, levantamento de carozo e baixada de augas mansas. Numeroso público seguiu o desenvolvemento das probas nas que os participantes puseron todo o seu empeño e moito sentido do humor. Rematadas as probas oficiais, os participantes puideron compartir cos máis maiores as probas das biciclentas e os saltos sincronizados que fixeron as delicias dos asistentes. Antes da entrega das medallas, o COU (Comité OUlímpico) decidiu outorgar diferentes premios aos grupos participantes: Cooperación, Deportividade, Esforzo, Simpatía e Superación. Como final de festa todos os participantes recibiron a súa medalla oulímpica e coroa de loureiro, así como un adhesivo de recordo da súa participación nos xogos.Tamén levaron un adhesivo de recordo da súa participación nestes xogos.

Ningún comentario: