Un ano máis a AC A Fervenza de Ouzande celebrou a noite máxica do
lumeiro. A xornada comezou pola tarde cando os máis pequenos prepararon o
home do saco para ser queimado e foron buscar sabugueiro, anís, romeu,
madreselva, herba luísa, macela silvestre e outras herbas para facer a
auga de flores, que despois da medianoite os asistentes puideron levar
para as súas casas.
Xa de noite un grupo dunhas setenta persoas achegouse ao campo da festa para poder asar nas brasas os ricos chourizos asados con espetos de loureiro. Despois da cea, os participantes escribiron en cadanseu papel todo o que desexaban queimar no lume. A continuación, encabezados polos gaiteiros de Retrouso dirixíronse en procesión cara a fogueira para prenderlle lume, e botar no mesmo ao home do saco. A velada continuou con festa e música ata altas horas da madrugada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario