Trátase
da comedia ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON?, da compañía Disfunción
Continua da Estrada. Nesta
obra, un grupo de mulleres botan a vista atrás para rememorar
aqueles tempos nos que compartían pupitre. A acción ubícase nunha
escola franquista de 1957 e recréanse as clases de matemáticas,
relixión, educación física, formación do espírito "nacional",
labores ou economía doméstica e trata de mostrar como se inculcaban
valores coma o autoritarismo, conformismo, submisión, familia
patriarcal, pobreza, machismo... Uns valores que animan a reflexionar
sobre a educación actual.
A
compañía fundada en 2012, xa representou unha obra titulada
"Cóncavo Convexo" e agora prepararon este novo espectáculo
que está dirixido por Jouse García e que amplía o elenco con
actores da Estrada e Vedra: Sabela Magariños, María Porto, Clara
Iglesias, Alejandro Picallo, María Gaiteiro, Manu Mougán, Natalia
Carbajal e Manuel Rosende.
A
obra foi estreada dentro da XII edición do festival "Móstra(te)”
o pasado 26 de xullo en Salvaterra do Miño.
A
representación terá lugar no Campo da Festa de Ouzande, ás 20:00
horas. A entrada será de balde, e a obra é apta para todos os
públicos.
A
Asociación agradece a colaboración do Concello da Estrada para a
realización da actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario