A semana da MODA EN OUZANDE. Hai que irse preparando porque este antroido a parroquia ponse de etiqueta: top model, príncipes e raíñas, famoseo, drags queens, paparazzis, seguratas, e a tendencia deste ano: as KATIUSKAS... Así que, se tés ganas de participar, asiste á reunión do próximo sábado 22 de febreiro ás 5 da tarde no local social do campo da festa: podes traer ideas, disfraces, complementos, instrumentos... ESTÁN CONVIDADOS ESPECIALMENTE TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DA PARROQUIA. Ademais imos facer unha gran pancarta para engalanar a pasarela-tractor que percorrerá a parroquia o sábado de Antroido(día 1 DE MARZO) anunciando tan sinalado evento.
Sabado 1 de marzo de 2014
A partir das 16:30 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, o escenario-tractor OUZANDE FAXION WEEK percorrerá os lugares da parroquia. Non faltarán as cegas do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral.
Horario aproximado:
17:00 da tarde: saída do campo
17:10: O Tallo
18:00:. O Castro
18:15: O Picoto e o Redondo
18:35: Alemparte e O Formigueiro
19:00: O Topete
19:15: Igrexa
E como remate a partir das 19:30 da tarde, merenda e gran festa de disfraces no local social. Pase de modelos, PHOTO CALL DE FAMOSEO, DJ´S..... e moita festa. Merenda de antroido para recuperar forzas, e todo de balde e para todos e todas
Se queres vir preparar e adornar o tractor que nos servirá de carroza, quedamos ese día (sábado 1, ás 10:30 da mañá no campo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario