mércores, 19 de febreiro de 2014

crónica xunta xeral anual 2013-14

Aí quedan as mellores imaxes e un resume do tratado na Xunta Xeral Anual da AC A Fervenza de Ouzande.


O pasado domingo, 16 de febreiro, tivo lugar a Xunta Xeral Anual da AC A Fervenza de Ouzande. Na mesma, con perto de 50 asistentes, fíxose balance da actividade do ano 2013, destancando a alta participación nas iniciativas levadas a cabo, superando en total os mais de 1200 participantes en 21 actividades. A directiva salientou os seguintes aspectos:
1. Implicación activa dos asociados
 -Alta porcentaxe de pagamento da cota anual.
-Participación nas actividades moi satisfactoria.
2. Mantemento de número de iniciativas socioculturais, superando a vintena.
3. Mantemento do número de persoas participantes, tanto socias como non socias, superando o millar. 4. Aposta por actividades innovadoras no contexto socio-cultural e na contorna como o obradoiro de Musicoterapia para maiores, de notable aceptación.
5. Notable repercusión e participación nos espectáculos promovidos pola asociación (teatro, música, maxia, etc.), atraendo a centos de persoas da parroquia e da contorna.
6. Mantemento das actividades de aire libre, rutas e excursión, e celebración do ciclo festivo anual, antroido, lumeiro, magosto...
7. Potenciación das Clases de música e baile tradicional. Aumento das persoas inscritas. Creación do grupo de cancións tradicionais RECANTO, formado por unha vintena de persoas, que conta con varias actuacións.
8. Colaboración con outras entidades da contorna. Visionaronse diferentes videos das actividades realizadas, que fixeron as delicias dos asistentes, antes de proceder a elexir a Xunta Directiva, para os dous anos vindeiros, que foi escollida por unanimidade.
Presidente.Xabier Camba Sanmartín,
Vicepresidenta. Natalia Carbajal Porto,
Secretario: Manuel Rosende Torres,
Tesoureira. Rosa Herraiz Cabanas
Vocal. Julio Porto Paramá
Vocal. María Dolores Camba Cabanas
Vocal. María Luz Rodríguez Pazos
Vocal. Manuel Ángel Bouzón Fernández.
Vocal. Noelia Bouzón Docampo
Vocal. Manuel Porto Gestoso.
Vocal. Cristina Riveira Porto.
Novos/as vocais
Laura Herraiz Cabanas
Carmen Ribadeo Piñeiro
Manuel Uzal Docampo
A reunión rematou cunha merenda de convivencia a base de chocolate con rosca.

Ningún comentario: