venres, 30 de xaneiro de 2015

Convocatoria da Xunta Xeral Anual

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ANUAL
Convócase a Xunta Xeral Ordinaria da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, que terá lugar o domingo 1 de febreiro de 2015 ás 5 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:
1. Informe de xestión do ano 2014
       Informe de actividades(con proxección de fotografías e vídeos)
       Informe económico. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2015
2. Programación anual.
3. Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e biscoito

No local haberá unha mostra dos traballos realizados no Curso de Tear, trapillo e ganchillo.

Os recibos da cota anual estarán a disposición dos asistentes.

Imaxe da Xunta do pasado ano

Ningún comentario: