INICIO
DE ACTIVIDADES DE PRIMAVERA 2015
Programa
IMOS ANDAR.
As rutas da Fervenza de Ouzande
A
AC A Fervenza de Ouzande programa unha nova edición da actividade
IIMOS ANDAR para a primavera deste 2015. Inclúe 3 rutas de
sendeirismo que se detallan abaixo e que teñen como obxectivos
fundamentais: a difusión e coñecemento dos valores medioambientais,
paisaxísticos e do patrimonio arquitectónico da parroquia de
Ouzande e das parroquias da contorna, como A Somoza, Guimarei, Lugar
de Ferreiros, Arcos, etc.; tamén se trata de favorecer a participación de
persoas socias e público en xeral, nunha actividade saudable e
permitir a convivencia activa entre todos e todas.
Este
programa, iniciado no ano 2003, chega por tanto, á súa
decimoterceira edición, con máis de 50 rutas realizadas e centos de
participantes nas mesmas.
Todas
as rutas terán como punto de partida e chegada a Igrexa de Ouzande.
A saída será sempre ás 10 da mañá e o regreso ás 13:30 horas.
Todas terán unha dificultade baixa ou media-baixa para facilitar a
participación nas mesmas. Serán gratuítas e abertas tanto a
persoas socias como ao público en xeral.
- Venres 1 de maio..Ruta do Río Gallo. Fermosa ruta na que chegaremos ao Río Gallo, despois de percorrer os montes do Arcos no veciño concello de Cuntis. Despois de cruzar o río achégaremonos ao lugar de Ferreiros e, atravensando a congostra dos Lobos, regresar á Igrexa de Ouzande polos muíños da Fervenza. 12 km. Dificultade media-baixa. A inscrición é gratuíta e realizarase no momento da saída, polo que se roga puntualidade.
- Domingo 17 de maio. X Ruta das Letras. Ruta das lagoas de Zoo e Monte Cabalar Todas as persoas participantes serán agasalladas cun libro en galego.
- Domingo 7 de xuño. Ruta de Guimarei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario