Dentro deste festival, ás 18 h. sairá dende a igrexa de Ouzande un roteiro teatral, poético e musical que irá ata os muíños realizado por alumnos do grupo Avelaíñas, do citado instituto, e no que colaborará a asociación coa participación do grupo Retrouso e o grupo Recanto. Tamén participarán varios socios e socias da asociación que farán de improvisados actores no Muíño do Rubio.
En palabras do director da Aula de Teatro do IES Losada, Alfonso García: "A palabra clave destes festivais é a interrelación e a búsqueda da relación entre alumnos de diversos lugares xeográficos de Galicia, a interrelación entre actores e actrices de diversas idades, de 3 a 100 anos. Tamén hai unha interrelación de xéneros literarios, xa que poderáse contemplar teatro, pero tamén poesía, narrativa, música, todo mesturado nun contorno fantástico como é a Fervenza de Ouzande. Trátase non de competir, senon de mirar de igual a igual e intercambiar experiencias."
O ensaio da pasada semana estivo pasado por auga na Fervenza.
Aí queda a divertida presentación celebrada no Concello da Estrada (Video Catro Gatos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario