luns, 27 de xullo de 2015

imaxes do lumeiro 2015

O pasado 23 de xuño celebramos, un ano máis, a Festa do Lumeiro. Desde pola tarde, coa preparación da fogueira, a auga de flores e do home do saco, ata altas horas da noite o campo da festa foi o marco no que moitos veciños e veciñas se deron cita arredor do lume. Deron boa conta dos chourizos asados que a organización ofrecía e participaron animadamente na procesión do home do saco ao lume, co que queimaban todo aquelo que escribiron nos papeis que levaba o boneco no seu saco. Despois de prender o lume á gran fogueira, a música, as cancións e o baile deron brillo a esta noite tan especial. Todos os asistentes puideron levar para as súas casas un recipiente con auga de rosas.

Ningún comentario: