O
próximo sábado, 1 de agosto, celebramos unha nova edición de UNHA
NOITE NO MUIÑO.
A
partir das 10 e media da noite estaremos agardando no Muíño do Rubio, na
Fervenza de Ouzande. Haberá festa e música para unha noite de
convivencia e lecer. Hai que levar a cea e moita gana de pasalo ben.
É
imprescindible levar lanterna para o camiño, onde poderás levar
algunha que outra sorpresa.
Estás convidado/Estás convidada.
NA
FESTA DO MUIÑO PODEN PARTICIPAR TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS QUE O
DESEXEN. E OS SEUS AMIGOS TAMÉN....
Para
quen queira ir “ben preparado/a” convocamos unhas sesión de
maquillaxe para ser caracterizado de meiga/o da fervenza. A PARTIR
DAS 7 DA TARDE NO LOCAL DO CAMPO DA FESTA. Levar roupa negra.
(Dirixido sobre todo a rapaces e rapazas, pero para todas as idades)
Nota:
Se queres, tamén podes colaborar na limpeza da zona dos muíños,
para o que quedaremos o próximo xoves día 30 a partir das 7 da
tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario