XI RUTA DAS LETRAS
O Día das Letras
Galegas ANDAMOS E FALAMOS.
A Fervenza de Ouzande inicia o
programa “Imos andar”, coa Ruta das
Letras que chega á súa undécima edición. Nesta ocasión realizaremos a "Ruta do río Gallo".
A Asociación agradece a colaboración do Concello da Estrada nesta actividade
A
seguir achéganse todos os datos da mesma e infórmase que a actividade
só se suspenderá en caso de que as condicións climatólóxicas impidan
completamente o desenvolvemento da mesma.
Datos:
Saída: 9:30 da mañá.
Chegada: 13:30
Lugar: Igrexa de Ouzande
Dificuldade media baixa.
Distancia: 12 km
Recoméndase levar un bo calzado de ruta, así como roupa apropiada para a chuvia, e atender ás previsións meteorolóxicas.
Puntos de Interese
-
Fonte do Redondo.
Perto da saída atravesaremos o fermoso contorno da Fonte do Redondo,
en Ouzande, onde a auga abrolla directamente desde o chan.
-
Montes de Ouzande. O
percorrido inclúe na súa primeira parte camiños a través dos
montes da parroquia, onde se combinan masas de árbores autóctonas,
de extraordinaria beleza, con outras de coníferas e foráneas.
-Castro
de Arcos. Rodearemos
este fermoso promontorio no noso percorrido.
-Montes
de Arcos.
Percorreremos parte dos frondosos bosques dos Montes de Arcos, con
masas arbóreas autóctonas de carballos, castiñeiros e acivros.
-Río
Gallo.
Atravesaremos o Río Gallo, perto do seu nacemento, moi próximo ao
límite da parroquia de Ouzande, A Somoza e Arcos. Paraxe fermosa con
numerosos saltos, estanques e flora típica de ribeira.
-Aldea de Ferreiros. Pertence ao concello de Cuntis, aínda que historicamente sempre existiu unha grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.
Mapa da ruta
Ningún comentario:
Publicar un comentario