
A iniciativa cumpre o obxectivo fundamental de posibilitar o intercambio cultural e musical con outras iniciativas e grupos semellantes, achegando agrupacións da comarca e de comarcas próximas. Trátase de agrupacións de música tradicional e popular pero con formas ben distintas de achegarse á musica galega deste tipo, dando mostra da riqueza e variedade da mesma, obxectivo que tamén está nas nosas intencións.
Tamén está nas motivacións da actividade o feito de incluír no programa das festas parroquiais (Festas do Socorro de Ouzande) unha actividade musical diferente nas que a música tradicional e popular teña cabida e sexa a principal protagonista, obxectivo que se ven cumprindo desde o ano 1999.
As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes.
TAMÉN HABERÁ UN STAND DA ASOCIACIÓN NO QUE SE PORÁN Á VENDA AS CAMISETAS OFICIAIS DESTE ANO 2016 CO DESEÑO “d´ouzande”.
Cómpre subliñar que esta actividade se realiza cos recursos propios da Asociación, así como a colaboración da Xunta Parroquial de Ouzande, e sen ningún tipo de subvención das entidades públicas oficiais. Neste sentido, queremos agradecer publicamente a boa disposición de grupos e músicos convidados, que sumarán máis de medio cento de persoas.
A Asociación Cultural Xarandeira nace no ano 2003, en
Pontecesures, por iniciativa dun grupo de persoas con inquedanzas polos nosos
costumes e o noso folk.
Debido ao aumento do número de participantes, e a
cantidade e calidade das pezas ensaiadas,
non se constituíu formalmente ata o ano 2004.
Actualmente o grupo está formado por 50 persoas de entre
todas as idades, repartidas entre a escola de baile, gaita e pandeireta, co cal
garantimos o noso propósito, que é o de recopilar, fomentar e difundir o
folclore tradicional galego.
Ademais das actuacións levadas a cabo na nosa comunidade,
contamos con varias intervencións a nivel nacional e internacional, como foron:
• Santa Marta de Porzuelo, no seu festival internacional
do ano 2006.
• Etreros, en Segovia e Penacova en Portugal no 2007.
• Cantabria no 2011
• Valladolid no verán 2012.
• Perre (Portugal)
no 2013
• Praia de áncora e Vilanova de Gaia no 2014 (Portugal)
Pana Raiada (Santiago)
Co paso dos anos, grazas ó bo facer dos seus compoñentes
e ó apoio da asociación de veciños, o grupo foise consolidando e conta con
arredor de 25 músicos. Está formado por xente de todas as idades que, ademais
de saber tocar os nosos instrumentos tradicionais, coñecen e aman a nosa música
e tradición cultural, labor na que se puxo un especial empeño dende o comezo
deste fermoso proxecto.
A finais do ano 2008 o grupo pasou a ser xestionado polos
seus compoñentes adoptando o nome de “PANA RAIADA”, seguindo a participar en
todo tipo de eventos folclóricos en Galicia, Portugal e Francia.
No 2009 saíu do forno o noso primeiro disco “O Tarabelo”,
que tentamos facer o mellor posible e, a verdade, é que nos sentimos
fachendosos co resultado. Agora xa estamos preparando o segundo, coa mesma
ilusión que o primeiro e agardando que saia aínda mellor.
Gaiteiros de Buxantes (Dumbría)

Tendo a
maior parte das actuacións na Costa da Morte tamén conta con actuacións na TVG
e dúas en colaboración coa gaiteira Susana Seivane invitados por ela, unha en
2014 en Vimianzo e outra no 2016 no "Festival Internacional del Mundo
Celta de Ortigueira.
Retrouso
(Ouzande)

Recanto
(Ouzande)

Ningún comentario:
Publicar un comentario