SEGUIMOS
TECENDO. Por segundo ano consecutivo a Asociación leva adiante esta
iniciativa, que tivo as súas orixes nun curso de tear realizado en 2014.
No curso 15-16 o curso reconverteuse, por iniciativa das participantes
nunhas XUNTANZAS PARA TECER, no que as participantes se reunían
semanalmente para tecer aprendendo unhas das outras. Despois do éxito
destas xuntanzas, convocamos a todas as persoas
interesadas a unha reunión para poñer de novo en marcha as XUNTANZAS PARA TECER. Será o
próximo luns día 3 de outubro, ás 8 da tarde no Local do Campo da Festa de Ouzande.
Nesta reunión poñerémonos de acordo para organizarnos e comezar a tecer. Tear, ganchillo, calceta....
Pode escollerse calquera modalidade ou material, como a la ou o trapillo. O
caso é facelo en compañía e aprendendo unhas das outras. Compartindo o que
sabemos, compartindo contos e pasando o tempo xuntos e xuntas. Será todos os luns ás 8 da tarde no Local do Campo da Festa.
Desta inciativa xurdiu na pasada edición a interesante experiencia da Manta Solidaria que foi elaborada por todas as participantes nas Xuntanzas para tecer.
Aí queda o vídeo que relata a experiencia:
Pode participar quen queira,
homes, mulleres, mozos e mozas. A actividade é gratuíta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario