XIII Ruta das
Letras. Andamos e falamos.
Subida á Pedralba
O próximo xoves 17
de maio, terá lugar a XIII edición da Ruta das Letras, organizada
pola Asociación.
Carácterísticas:
Saída/Chegada: 9:45
/ 13:30 Igrexa de Ouzande
Percorrido: 15 km
TODAS AS PERSOAS
PARTICIPANTES SERÁN AGASALLADAS CUN LIBRO EN GALEGO, CORTESÍA DA
ASOCIACIÓN, EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS E DA NOSA
LINGUA.
A actividade é
gratuíta e poden participar todas as persoas que o desexen, socias
ou non socias.
Recoméndase levar
calzado resistente, debido ás condicións do camiño, así como uns
prismáticos.
A actividade só se
suspenderá en caso de que as condicións climatolóxicas impidan
completamente o desenvolvemento da mesma.
Achégase cartel da
actividade
LUGARES DE INTERESE:
- Montes do Pedroso
e A Pedralba (A Somoza). Albergan numerosas especies autóctonas que
sobreviviron as reforestacións masivas de coníferas, especialmente
de piñeiros e eucaliptos. É unha zona de especial beleza polo
motivo citado e permitirá atravesar varias carballeiras, bosques de
acivros, vexetación dos cursos fluviais, salgueiros, ameneiros...
- Monte Cabalar: A
ruta discorre en parte a través das parcelas incluídas no coñecido
proxecto “Monte cabalar”, o que nos permitirá disfrutar do
excelente estado en que sen conserva o monte, así como contemplar
as mandas de cabalos e vacas en liberdade.
- Vistas
panorámicas: fermosas vistas paisaxísticas cara ao val do río
Liñares co monte da Rocha ao fondo. Tamén se divisa neste
percorrido a vila da Estrada desde numerosas perspectivas, así como
a cidade de Compostela, o val do río Ulla, Pico Sacro, montes da
Somoza...
O alto da Pedralba,
obxectivo da ruta, sitúase a 634 m de altitude, e permitirá gozar
aos camiñantes de vistas como as indicadas, e mesmo, en caso de boa
visibilidade, da contemplación das Rías de Arousa e Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario