Podes picar na imaxe para ver máis fotos do evento:
Informe de actividades e conclusións aprobadas na reunión.
337. 10 de febreiro. Xunta Xeral Anual. Merenda de convivencia. 40 asistentes.
338. 2 de marzo. Antroido. NOUTURNIA . Festa disfraces inspirados no mundo da noite no Campo da Festa e no Local Social de Ouzande. Merenda e actuacións musicais. 60 participantes.
339. 17 de maio. Imos andar. XIV Ruta das Letras. Ruta de Castrorramiro. Agasallo dun libro a cada camiñante. 12 participantes
340. 25 de maio. Obradoiro de loción corporal. Montse F. Búa. 15 persoas inscritas.
341. 2 de xuño. Concerto presentación da Banda de Gaitas Invernía. Teatro Principal da Estrada. 250 asistentes.
342. 9 de xuño. Excursión anual ás Terras de Mondoñedo e Meira. 30 participantes.
343. 15 de xuño. Festa de Fin de Curso das Clases de música. Mostra das diferentes disciplinas, foliada e merenda. 50 asistentes.
344. 23 de xuño. Lumeiro. Chourizos, festa, e lume. 60 participantes.
345. 18 de agosto. Pola tarde no muíño. Xornada de limpeza e merenda na Fervenza de Ouzande. 12 participantes.
346. 21 de setembro. Presentación dos Cursos de Música e Baile tradicional. Pandeireta, gaita, acordeón, baile, percusión. Actuación da Banda de Gaitas Invernía. 70 participantes.
347. 5 de outubro. Inicio dos Cursos de Música e Baile tradicional. Pandeireta, gaita, acordeón, baile, percusión. Non se inicia a disciplina de canto ao non haber docente. 30 persoas inscritas.
348. 20 de outubro. Ruta de Outono. Ruta ao Castro de Arcos. 10 participantes
349. 23 de outubro. Reunión informativa presentación das clases de canto. 12 asistentes.
350. 26 de outubro. Festa de outono. Música e castañas. Castañas. festa e música con Retrouso. 50 asistentes.
351. 5 de novembro. Inicio das clases de canto. Profesor: Miguel Ponte Liste. 18 persoas inscritas. .
352. 13 de decembro. Cea das Clases de Música da Asociación. O Xarro, Aguións. 32 participantes.
353. 14 de decembro. Obradoiro de xabón. Con Montse F. Búa. 6 persoas inscritas.
354. 25 de decembro. X Ruta de Nadal. Montes de Ouzande e A Somoza. 20 participantes.
Realizáronse un total de 18 actividades nas que participaron unhas 800 persoas. Desde a súa fundación, a Asociación leva realizadas 354 iniciativas ou actividades, ademais de manter durante todo o ano actividades semanais como as Clases de Música, canto e baile tradicional.
Neste 2020 a Asociación cumprirá os 19 anos de existencia.
Ademais, 2020 será ANO OULÍMPICO.
Conclusións INFORME DE ACTIVIDADES 2019 A FERVENZA DE OUZANDE
1. Implicación activa dos asociados:
-Alta porcentaxe de pagamento da cota anual.
-Novas altas de socios e socias, procedentes especialmente do novo alumnado das clases de música.
-Participación nas actividades satisfactoria, aínda que un pouco menor do agardado en algunhas actividades.
2. Redución do número de iniciativas socioculturais, en relación con 2019. Realizáronse 18 iniciativas e actividades.
3. Aposta pola continuidade e reforzo de actividades relacionadas coa nosa contorna e pola nosa relación co medio rural e co medio ambiente.
4. Mantemento das actividades de aire libre, rutas e excursión, e celebración do ciclo festivo anual, antroido, lumeiro, magosto... Relativamente boa participación nas mesmas.
5. Potenciación das Clases de música e baile tradicional. Mantense o número das persoas inscritas, aínda que non en todas as disciplinas. Achegáronse novos socios e socias grazas a esta actividade. Renovación do docente nas clases de canto, que recibiron un forte impulso co aumento de persoas inscritas. Tamén se renovou, unha vez comezado o curso, o profesor de tamboril, pasando Marcos Varela a desempeñar este labor.
6. Participación e colaboración co proxecto da Banda de Gaitas INVERNÍA. Dez músic@s do grupo RETROUSO forman parte da agrupación que realizou diversos concertos por todo o país e que no mes de agosto tivo unha exitosa participación no Festival Intercéltico de Lorient. A asociación organizou o concerto de presentación da Banda no Teatro Principal da Estrada o pasado 2 de xuño, cunha moi boa asistencia de público.
7. Colaboración coa Xunta Parroquial de Ouzande en diversas iniciativas.
Previsións para o 2020
1. Intensificar proceso de formación e renovación iniciado coa Xunta Directiva.
2. Profundizar na revisión e actualización da metodoloxía de traballo e planificación máis realista e axustada das actividades a realizar.
3. Mantemento e dinamización da Ruta da Fervenza. Continuación coa recuperación do Muiño do Rubio.
4. Reforzo de actividades e autoorganización e potenciación das clases de Música e Baile, así como dos grupos que xorden delas.
5. Planificación e deseño dunha nova actividade musical da asociación.
Proposta de directiva aprobada na reunión:
Presidente: Xabier Camba Sanmartín
Vicepresidenta: Isabel Durán Parada
Secretario: Manuel Rosende Torres
Tesoureira: Laura Herraiz Cabanas
Vocal: Mari Luz Rodríguez Pazos
Vocal: Rosa Herraiz Cabanas
Vocal: Noelia Bouzón Docampo
Vocal: María Chedas Camba
Vocal: Manuel Ángel Bouzón Fernández
Vocal: Manuel Porto Gestoso
Vocal Cristina Riveira Porto
Vocal: Manuel Uzal Docampo
Vocal: Almudena Serantes Puente
Vocal: Patxi López Durán
Ningún comentario:
Publicar un comentario