mércores, 5 de febreiro de 2020

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ANUAL


CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ANUAL
AC. A FERVENZA DEOUZANDE

Estimada socia/Estimado socio:

Convócase a todos os socios e socias á Xunta Xeral anual da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, que terá lugar o domingo 9 de febreiro de 2020 ás 5:30 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:

1. Informe de xestión do ano 2019

-Informe de actividades (con proxección de fotografías e vídeos)
-Informe económico.

2. Elección de Xunta Directiva

3. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2020

4. Programación anual.

5. Rogos e preguntas.

Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e rosca.

En Ouzande, A Estrada, febreiro de 2020

PD.
1. É moi importante facermos o posible por asistir á reunión para que entre todos colaboremos na boa marcha da asociación, e na proposta e organización de actividades. Asociación somos todos e todas.
2. Na reunión estarán xa a disposición de todos os socios e socias os recibos da cota anual deste ano, e os pendentes do ano anterior (para os socios/as que non pagaron aínda). Para a organización das actividades é moi necesario dispoñer dos recursos económicos necesarios. Despois da reunión quedarán a disposición dos socios e socias na Taberna de Ouzande.

Ningún comentario: