Un grupo formado por 55 excursionistas participou un ano máis na excursión anual da Fervenza de Ouzande o pasado domingo, 7 de xuño.
Nesta ocasión o seu destino foi a Enseada de San Simón, nas comarcas de Vigo e Pontevedra.
O
nutrido grupo fixo un minicionso percorrido polos puntos máis
interesantes da zona, que comezou cun paseo en barco que tivo como
destino unha visita guiada á histórica Illa de San Simón. A seguir
puideron visitar o MEIRANDE, museo histórico da Batalla de Rande, sito
na parroquia redondelá do mesmo nome.
O xantar, coma sempre
campestre, tivo lugar na praia fluvial de Pontesampaio, ao pé da
histórica ponte do lugar. Aproveitaron para repoñer forzas e reforzar
lazos e convivencia.
A tarde non foi menos intensa, pois o
grupo achegouse á vila de Redondela para visitar o seu núcleo histórico,
rematando a viaxe nas fermosas Salinas de Ulló, no concello de Vilaboa
(que sorprenderon gratamente aos participantes), con un paseo que fixo
as delicias dos viaxeiros e viaxeiras.
Quedaron, coma sempre, emprazados para vindeira edición da excursión da Fervenza de Ouzande.
Picando na foto podes ver as mellores imaxes da viaxe:

Ningún comentario:
Publicar un comentario