No 2019 facemos 18. Seguimos andando camiños. Feliz ano novo.
luns, 31 de decembro de 2018
Ruta de Nadal 2018. Polos carreiros de Ouzande
Un grupo de 20 persoas atreveuse a camiñar o pasado 25 de decembro polos carreiros de Ouzande. Bo día e boa compañía. Picando na imaxe poderás ver as mellores fotos do paseo.
domingo, 23 de decembro de 2018
Nova xornada de convivencia e formación da Xunta Directiva
Por segundo ano consecutivo, o Albergue de Sabucedo acolleu unha xornada de traballo e convivencia da Xunta Directiva. Falamos sobre os novos proxectos da Asociación e o camiño percorrido e por percorrer.
Foi o pasado 25 de novembro. Aí quedan unhas imaxes.
Foi o pasado 25 de novembro. Aí quedan unhas imaxes.
martes, 18 de decembro de 2018
Atréveste? Ruta de Nadal 2018
EN NADAL TAMÉN IMOS ANDAR
O próximo martes 25 de decembro, a AC A Fervenza de
Ouzande inicia o co seu programa de Actividades do Inverno coa convocatoria da novena
edición da Ruta de Nadal. Nesta ocasión escolleuse a Ruta dos Carreiros de Ouzande
A Asociación convida a pasar a mañá do día de Nadal
dun xeito diferente. Disfrutaremos da paisaxe, da natureza e da conversa
amigable, e seguro que tamén para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa. A
actividade é gratuíta.
PERCORRIDO: 11 quilómetros, atravesando os
diferentes lugares de Ouzande (O Redondo, O Castro, O Picoto, O Formigueiro
e Alemparte) polos antigos carreiros e camiños, reparando en diferentes puntos
de interese como fontes, lavadoiros e antigas calzadas. Unha parte do roteiro
cruzará o monte de Ouzande, con numerosas carballeiras e pequenos bosques de
acivros. Tamén percorreremos un tramo da Ruta da Fervenza e muiños de Ouzande.
DIFICULTADE: baixa
MATERIAL: levar roupa cómoda, calzado apropiado, e ter en conta a predición meteorolóxica.
SAÍDA: 10:15 (Igrexa de Ouzande)
REGRESO: 13:15h (Igrexa de Ouzande)
PUNTOS DE INTERESE: no noso percorrido
habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
-igrexa de Ouzande: É de estilo orixinalmente
románico, conserva elementos da época coma os canzorros que son únicos na zona
ao representaren pecados condenados pola Igrexa. Tamén destaca o seu arco
central, o agnus dei, o retablo barroco do Carme...
-cruceiros: hai dous que están nas
inmediacións da igrexa, un deles é dos máis antigos da zona, foi recollido por
Castelao en As Cruces de Pedra da Galiza.
-muíños da Fervenza: conxunto formado por sete
muíños distribuídos en pouco máis de cincocentos metros, o máis antigo data do
S.XVIII. É unha zona de especial beleza pola vexetación que conserva numerosas
especies autóctonas (varias carballeiras, bosque de acivros, vexetación do
curso fluvial do regueiro da Fervenza, salgueiros, ameneiros...). Destaca a
orografía que crea neste punto a famosa Fervenza, aínda que son numerosos os
cachóns ou pichos, ao longo desta parte de percorrido fluvial na nosa ruta.
Magosto 2018
Non puido celebrarse a Foliada de Outono por causa do mal tempo, pero comemos castañas e cantamos e bailamos a cuberto.
luns, 5 de novembro de 2018
Foliada de Outono en Ouzande
A Fervenza de Ouzande presenta un novo proxecto festivo e musical, A Foliada de Outono. A Asociación promove desde a súa fundación en 2001, a difusión da nosa música a través da organización de actividades diversas. Desde as clases de música, canto e baile tradicional que cada ano acollen a máis de 60 persoas de todas as idades, ata a organización de eventos festivos como foron o FESTIVAL MÚSICAS DA TERRA, que xuntou aos mellores grupos de música galega en Ouzande ata o ano 2007, cando se deixou de organizar, despois da súa novena edición.
No ano 2008 encetouse un novo proxecto, A Fervenza de Músicas. Un formato de festa tradicional con música a pé de campo e que se facía cadrar coas festas parroquiais do mes de setembro en Ouzande. Ducias de grupos de música tradicional e centos de músicos pasaron polo campo da festa da parroquia ata o ano 2016 onde baixou o tea esta proposta tamén na súa novena edición.
Neste ano 2018 recuperamos o impulso e propoñemos un novo evento festivo e musical. A Foliada de Outono trata de xuntar a proposta musical e a festiva e estacional nun mesmo evento. Así, ofrecemos unha Foliada cunha importante oferta musical acompañada da celebración da estación do outono.
O programa desta Foliada de Outono será:
Data: Sábado 10 de novembro
Lugar: Campo da Festa de Ouzande
Hora: 20:00 horas
Grupos musicais
Banda de Gaitas INVERNÍA (Ouzande, Costa da Morte, Santiago e Vedra)
Grupo de canto tradicional RECANTO DE OUZANDE
Foliada aberta
Xogos tradicionais e populares desde o inicio da festa
Castañas asadas de balde para os asistentes
Haberá posto de polbo e churrasco e servizo de bar.
Haberá carpa.
Recanto de Ouzande no Magosto de Marrozos, en Santiago de Compostela
Este pasado sábado, 3 de novembro, o grupo de cancións tradicionais de Ouzande, Recanto, acudiu ao convite realizado pola Asociación Veciñal de Marrozos que celebraba o seu magosto anual. Achegaronse tamén varios compoñentes do grupo Retrouso para reforzar aos gaiteiros locais. Tamén actuaron as pandereteiras da Asociación Pena Maior de Marrozos. Gran festa e gran ambiente musical. Aí quedan algunhas fotos do evento:
As fotos da Ruta de Outono 2018. Camiño do Río Gallo
O pasado 28 de outubro tivo lugar unha nova edición da Ruta de Outono organizada pola Asociación. Participaron 15 persoas, a pesar das malas previsións meteorolóxicas e do frío case invernal co que amenceu o día. Ao final as inclemencias do tempo respectaron aos camiñantes que desenvolveron a camiñada segundo o programa previsto, mesmo regresando con media hora de adianto. Coma sempre, bo ambiente e camiño relaxado e atendendo aos comentarios que os organizadores achegaban sobre os diferentes puntos de interese. Quedaron citados todos os participantes para a próxima, o vindeiro 25 de decembro, día de Nadal.
Picando na imaxe poderas ver as mellores fotos da camiñada.
luns, 22 de outubro de 2018
Ruta de Outono 2018. CAMIÑO DO RÍO GALLO
RUTA
DE OUTONO. Camiño do RÍO GALLO
A
Asociación da comezo á súa programación de actividades de outono
coa realización dunha ruta a pé.
Terá
lugar o próximo domingo 28 de outubro e nela poden participar todas
as persoas interesadas. Trátase dunha actividade gratuíta e a
inscrición realizarase no momento da partida.
A
seguir achéganse todos os datos da mesma e infórmase que a
actividade só se suspenderá en caso de que as condicións
climatolóxicas impidan completamente o desenvolvemento da mesma.
Datos:
Saída:
9:30 da mañá.
Chegada:
13:30
Lugar:
Igrexa de Ouzande
Dificultade
media-baixa.
Distancia:
12 km
Recoméndase
levar un bo calzado de ruta, así como roupa apropiada para a época
do ano, e atender ás previsións meteorolóxicas.
Puntos de Interese
-
Fonte do Redondo. Perto da
saída atravesaremos o fermoso contorno da Fonte do Redondo, en
Ouzande, onde a auga abrolla directamente desde o chan.
-
Montes de Ouzande. O percorrido
inclúe na súa primeira parte camiños a través dos montes da
parroquia, onde se combinan masas de árbores autóctonas, de
extraordinaria beleza, con outras de coníferas e foráneas.
-Castro
de Arcos. Rodearemos este fermoso promontorio no noso percorrido.
-Montes
de Arcos. Percorreremos parte dos frondosos bosques dos Montes de
Arcos, con masas arbóreas autóctonas de carballos, castiñeiros e
acivros.
-Río
Gallo. Atravesaremos o Río Gallo, perto do seu nacemento, moi
próximo ao límite da parroquia de Ouzande, A Somoza e Arcos. Paraxe
fermosa con numerosos saltos, estanques e flora típica de ribeira.
-Aldea de Ferreiros. Pertence ao concello de Cuntis, aínda que historicamente sempre existiu unha grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.
-Muíños
da Fervenza de Ouzande. Contorno
de 7 muiños e un pozo.
No camiño de
volta atravesaremos esta contorna, que da nome á asociación. É
unha zona de especial beleza pola vexetación que conserva numerosas
especies autóctonas (varias carballeiras, bosque de acivros,
vexetación dos cursos fluviais, salgueiros, ameneiros...).
Mapa da ruta
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























