Celebrouse hoxe a 14ª Ruta das Letras no día
de hoxe, conforme o programa previsto. As previsións meteorolóxicas seguramente
desanimaron a algunhas persoas, a pesar de que o tempo, por veces inestable e
chuvioso, permitiu a celebración da camiñada. Unha ducia de persoas acudiu á
convocatoria da Asociación para completar os 11 km de recorrido nun ambiente
agradable e tranquilo, con numerosas paradas para reparar na flora, na fauna e
nas diferentes mostras de arquitectura popular que nos ofrecía o camiño.
Adiantándose mesmo ao horario previsto o grupo
xuntouse no adro de Ouzande onde os participantes foron agasallados con dous
libros en conmemoración do Día das Letras Galegas. Foron, o volume de recente
publicación, Contra o vento, 30 anos do premio García Barros, e Voa, versión de
Ana Carreira de O espantallo amigo de Neira Vilas. (Para este agasallo a
asociación contou coa colaboración do Concello)
Desde a organización recordouse a figura de
Antonio Fraguas, que traballou como mestre na Estrada, e que foi aldraxado e
humillado polos membros da falanxe nos tempos da Guerra Civil, destacando a
importancia da formación, da cultura e da lectura para non repetir eses tristes
momentos da nosa historia.
MÁIS FOTOS AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario