OBRADOIRO DE LOCIÓN
HIDRATANTE CORPORAL
O obxectivo é a
elaboración dunha loción para o coidado e hidratación da pel feito con
ingredientes naturais, ecolóxicos e materias primas puras. Tanto os
ingredientes como o resultado son respectuosos coa nosa pel e o medioambiente.
Cada persoa asistente poderá levar unha mostra do mesmo.
A obradoiro será
impartido por Montse Fernández Búa, agricultora ecolóxica e especialista no
aproveitamento de plantas e recursos naturais para diferentes utilidades.
Rexenta a Bio Tenda Casa Xorxeira na Praza de Abastos da Estrada.
A actividade enmárcase dentro
da filosofía da Asociación de achegar aos seus asociados e público xeral
información teórica e práctica sobre un uso responsable e limpo dos recursos
naturais que nos rodean.
A sesión terá lugar o
próximo 25 de maio, sábado, a partir das 5 da tarde no local social de Ouzande.
O prezo será de 3 euros
para socios e socias e de 5 euros para persoas non socias. As prazas son
limitadas. Poderanse inscribir na Taberna de Ouzande (986570285) ou no correo
electrónico da asociación carreirosouzande@gmail.com
1 comentario:
Quen poidera estar ahí ¡Enhorabuena! unha aperta.
Publicar un comentario