O
próximo venres 17 de maio, terá lugar a XIV edición da Ruta das
Letras, organizada pola Asociación.
Hora
de saída; 9:45, diante da Igrexa de Ouzande.
Chegada
sobre as 13:15 ao mesmo sitio.
11
km de percorrido, dificultade baixa.
Recoméndase
levar calzado cómodo e impermeable.
A
ruta só se suspenderá se as condicións metereolóxicas impiden a
súa realización.
A
actividade é gratuíta e poden participar todas as persoas que o
desexen, socias ou non socias.
LUGARES
DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes
puntos de interese:
-
No transcurso da ruta atravesaremos varias masas de bosque autóctono
con abundantes carballeiras, castiñeiros, acivros, e vexetación de
ribeira, á beira dos numerosos regatos que cruzaremos no percorrido.
-Lugar
de Castrorramiro. Fermoso lugar da parroquia da Somoza, que conserva
numerosas costrucións tradicionais e a estrutura de pequeno nucleo
rural con ruelas e fermosos recunchos.
-Pozo
da Freixa ou Fírvida. Contorna con muíños e unha fervenza, ademais
dun pozo de considarables dimensións para facer un descanso.
-Contorno
de muíños da Fervenza de Ouzande.
TODAS
AS PERSOAS PARTICIPANTES SERÁN AGASALLADAS CUN LIBRO EN GALEGO,
CORTESÍA DA ASOCIACIÓN, EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS
GALEGAS E DA NOSA LINGUA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario