Este primeiro de maio tivo lugar a primeira das rutas de primavera
programadas pola AC A Fervenza de Ouzande, dentro do seu programa Imos
Andar. Os 21 participantes na camiñata partiron ás 10 da mañá da igrexa
de Ouzande regresando ao mesmo lugar ás 13:30, despois de percorrer os
11 km anunciados. Achegáronse aos camiños do monte da parroquia de
Ouzande despois de andar os carreiros dos diferentes lugares da mesma. O
bo ambiente e a conversa acompañou aos camiñantes, que se citaron para a
próxima convocatoria da Fervenza, o vindeiro 17 de maio. Aí quedan as mellores imaxes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario