AS RUTAS DA FERVENZA DE OUZANDE
A
Fervenza de Ouzande continúa co programa “Imos andar”, coa Ruta
das Letras que chega á súa novena edición. Nesta ocasión
realizaremos a ruta “Subida ao monte Pedroso”
Será
o sábado 17 de maio, con saída ás 10:00 da mañá e regreso ás
13:30 (Igrexa de Ouzande) Ao
final do roteiro, todas as persoas participantes serán agasalladas
cun libro en galego en conmemoración do Día das Letras.
A
actividade é gratuíta e poden participar todas as persoas que o
desexen, socias ou non socias. No transcurso da camiñata haberá
algunha sorpresa literaria en relación coa obra do autor
homenaxeado, X. M. Díaz Castro
ACCESOS:
Hai que saír da igrexa de Ouzande (A Estrada), situada a 1 km do
centro urbano da vila en dirección sur; rúa Pérez Viondi e
travesía de Ouzande (sinalizada). A igrexa está a man esquerda.
PUNTO
DE PARTIDA / CHEGADA: A citada igrexa, é unha ruta circular, alí
hai sitio para estacionar os turismos. Este é o mapa.
MAPA DO PUNTO DE SAÍDA PINCHANDO AQUÍ
MAPA DO PUNTO DE SAÍDA PINCHANDO AQUÍ
PERCORRIDO:
11 quilómetros, atravesando o monte de Ouzande, cara os montes da
parroquia limítrofe da Somoza. Inclúe a subida ao Monte Pedroso
(577 m de altitude). Regreso polos bosques frondosos da aba do monte
Pedroso cara Ouzande.
DIFICULTADE:
Media
DURACIÓN:
3h e media
MATERIAL:
levar roupa cómoda (chándal, botas de montaña...) e ter en conta a
predición meteorolóxica. Podes levar prismáticos.
PUNTOS
DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes
puntos de interese:
-
Monte do Pedroso (A Somoza):
Ofrece fermosas vistas paisaxísticas cara ao val do río Liñares co
monte da Rocha ao fondo. Tamén se divisa neste percorrido a vila da
Estrada desde numerosas perspectivas, así como a cidade de
Compostela, o val do río Ulla, Pico Sacro, montes da Somoza... O
alto do Pedroso, obxectivo da ruta, sitúase a 577 m de altitude, e
permitirá gozar aos camiñantes de vistas como as indicadas, e
mesmo, en caso de boa visibilidade, da contemplación das Rías de
Arousa e Pontevedra.
-
Monte Cabalar:
A rota discorre en parte a través das parcelas incluídas no
coñecido proxecto “Monte cabalar”, o que nos permitirá
disfrutar do excelente estado en que sen conserva o monte, así como
contemplar os rabaños de cabras e mandas de cabalos e vacas en
liberdade.
No
transcurso da ruta atravesaremos varias masas de bosque autóctono
con abundantes carballeiras, castiñeiros, acivros, e vexetación de
ribeira, á beira dos numerosos regatos que cruzaremos no percorrido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario