Programa Imos Andar Primavera 14
Rematamos as rutas da Fervenza de Ouzande da primavera 2014
RUTA OUZANDE-TABEIRÓS-A SOMOZA
ACCESOS: Hai que saír da igrexa
de Ouzande (A Estrada), situada a 1 km do centro urbano da vila en dirección
sur; rúa Pérez Viondi e travesía de Ouzande (sinalizada). A igrexa está a man
esquerda.
PUNTO DE PARTIDA / CHEGADA: A
citada igrexa, é unha ruta circular, alí hai sitio para estacionar os turismos.
PERCORRIDO: 13 quilómetros, partindo
de Ouzande, percorreremos carreiros cara as veciñas parroquias de Tabeirós e A
Somoza, destacando o patrimonio arquitectónico destas parroquias polas que
transcorre a ruta.
DURACIÓN: 3h e media
MATERIAL: levar roupa cómoda
(chándal, botas de montaña...) e ter en conta a predición meteorolóxica.
SAÍDA: 10:00 (Igrexa de Ouzande) Pinchando AQUÍ mapa
REGRESO: 13:30h (Igrexa de
Ouzande)
A participación está aberta a todas as persoas interesadas e é gratuíta. Non é necesario inscribirse previamente.
LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes
puntos de interese:
- Igrexas Románicas: Igrexa de Ouzande e de Santiago de Tabeirós.
- Contornos rurais: O Formigueiro en Ouzande, As Quintas en Tabeirós; e
especialmente Castrorramiro na Somoza, lugar que conserva numerosas
edificacións tradicionais, así como a estrutura histórica da aldea.
- Contornos naturais: Agros de Ouzande, Tabeirós e A Somoza;
numerosas masas de flora autóctona, especialmente carballeiras. Especialmente:
Pozo da Freixa na Somoza: contorno de muiños e unha fervenza de extraordinaria
beleza.
Mapa co percorrido a realizar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario