domingo, 30 de marzo de 2008

retrouso prepárase para o certame de Arteixo

Aí tedes a Muiñeira de Maio, unha das pezas que Retrouso vai interpretar no IX Concurso de cuartetos de Xiradela en Arteixo, o próximo domingo día 6 de abril. Moita sorte para Cesar, Noe, Alex e Antonio. Para nós sodes os campións. A pasalo ben e a disfrutar. Alí estaremos. Moita sorte tamén para Noelia, que con Alex ao tamboril, participará tamén na categoría de Gaiteiros/as Solistas
Máis información na páxina de XIRADELA

xoves, 6 de marzo de 2008

ESTAMOS TODAS (II)

Como saberedes, as autoridades prohiben a celebración de "actos públicos" o día de reflexión. Ante isto as asociacións convocantes decidimos adiantar a celebración ao venres 7 de marzo, a partir das 9 da noite. O resto do programa é o mesmo.

Xa sabes, non faltes e ven coa túa flor.

mércores, 5 de marzo de 2008

estamos todAs: 8 de marzo, dia da muller

as asociacións convocantes: Ken Keirades, Coto Manguelo, O Fervedoiro e A Fervenza de Ouzande convidamos a todos e todas ao acto "Estamos Todas", e pedímosvos que vos acheguedes con flores para compoñer con elas o símbolo da muller.