mércores, 28 de novembro de 2012

Estás convidado Estas convidada....OU

Aí che queda o convite para a presentación do disco de Retrouso o venres no Principal da Estrada. As entradas, de balde, hai que retiralas no Teatro Principal. A billeteira estará aberta desde as 8 da tarde.  


Presentación de OU de Retrouso na Estrada


Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco. Retrouso é un grupo de música tradicional e popular nacido en 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande e leva realizado ducias de actuacións en festas, romaría, festivais e diversos eventos por todo o país. O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e recolle unha mostra de pezas tradicionais e de autor (Marcos Varela Couselo). O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes. Compoñentes: Noelia Bouzón: gaita Cesar Vicente: gaita Fon Chedas: gaita e acordeón Pablo Neiro: gaita e acordeón Oscar Durán: gaita Martín Varela: gaita Ines Bugallo: gaita e percusión Manuel Anxo Rey: gaita Manu Bouzón: gaita Miriam de Castro: gaita Marcos Varela: acordeón Xosé Martíns: percusión e saxo Manuel Bouzón: percusión Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada) Darío Balado: voz (Convidado)

luns, 12 de novembro de 2012

festa dOUtono 2012


Sábado 17 de novembro.
A partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande

Celebramos a festa das castañas en Ouzande. Haberá castañas asadas e viño novo, de balde para todos os asistentes.
Este ano teremos novidades gastronómicas interesantes para facer unha festa máis doce para todos:
-Degustación de pasteis e doces elaborados con castañas cociñados por socios e socias. Se ti queres traer algo, tamén podes.
-Teremos un posto de degustación e venda de produtos feitos con castañas do Caurel (marca Caurelor)

Tamén teremos un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para completar a festa.

Non faltará a música cos compoñentes de Retrouso. Ademais este ano imos cantar co grupo de cancións tradicionais da Asociación.
ANÍMATE E PARTICIPA NA FESTA. ESTÁS CONVIDADO/ESTÁS CONVIDADA

Convidamos a todos a traer os seus instrumentos para participar da festa.

imaxes da presentación a noiva e o navio

Aí quedan as mellores imaxes da presentación de A noiva e o navío, coa participación da autora, Susana Sánchez Aríns e Uxío Allo, mestre de dorna. Foi o pasado 27 de outubro no local de Ouzande.