xoves, 20 de febreiro de 2014

antroido 2014. OUZANDE FAXION WEEK

A semana da MODA EN OUZANDE. Hai que irse preparando porque este antroido a parroquia ponse de etiqueta: top model, príncipes e raíñas, famoseo, drags queens, paparazzis, seguratas, e a tendencia deste ano: as KATIUSKAS... Así que, se tés ganas de participar, asiste á reunión do próximo sábado 22 de febreiro ás 5 da tarde no local social do campo da festa: podes traer ideas, disfraces, complementos, instrumentos... ESTÁN CONVIDADOS ESPECIALMENTE TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DA PARROQUIA. Ademais imos facer unha gran pancarta para engalanar a pasarela-tractor que percorrerá a parroquia o sábado de Antroido(día 1 DE MARZO) anunciando tan sinalado evento. 

Sabado 1 de marzo de 2014
A partir das 16:30 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, o escenario-tractor OUZANDE FAXION WEEK percorrerá os lugares da parroquia. Non faltarán as cegas do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. 
Horario aproximado: 17:00 da tarde: saída do campo 17:10: O Tallo 18:00:. O Castro 18:15: O Picoto e o Redondo 18:35: Alemparte e O Formigueiro 19:00: O Topete 19:15: Igrexa 

E como remate a partir das 19:30 da tarde, merenda e gran festa de disfraces no local social. Pase de modelos, PHOTO CALL DE FAMOSEO, DJ´S..... e moita festa. Merenda de antroido para recuperar forzas, e todo de balde e para todos e todas Se queres vir preparar e adornar o tractor que nos servirá de carroza, quedamos ese día (sábado 1, ás 10:30 da mañá no campo)

mércores, 19 de febreiro de 2014

crónica xunta xeral anual 2013-14

Aí quedan as mellores imaxes e un resume do tratado na Xunta Xeral Anual da AC A Fervenza de Ouzande.


O pasado domingo, 16 de febreiro, tivo lugar a Xunta Xeral Anual da AC A Fervenza de Ouzande. Na mesma, con perto de 50 asistentes, fíxose balance da actividade do ano 2013, destancando a alta participación nas iniciativas levadas a cabo, superando en total os mais de 1200 participantes en 21 actividades. A directiva salientou os seguintes aspectos:
1. Implicación activa dos asociados
 -Alta porcentaxe de pagamento da cota anual.
-Participación nas actividades moi satisfactoria.
2. Mantemento de número de iniciativas socioculturais, superando a vintena.
3. Mantemento do número de persoas participantes, tanto socias como non socias, superando o millar. 4. Aposta por actividades innovadoras no contexto socio-cultural e na contorna como o obradoiro de Musicoterapia para maiores, de notable aceptación.
5. Notable repercusión e participación nos espectáculos promovidos pola asociación (teatro, música, maxia, etc.), atraendo a centos de persoas da parroquia e da contorna.
6. Mantemento das actividades de aire libre, rutas e excursión, e celebración do ciclo festivo anual, antroido, lumeiro, magosto...
7. Potenciación das Clases de música e baile tradicional. Aumento das persoas inscritas. Creación do grupo de cancións tradicionais RECANTO, formado por unha vintena de persoas, que conta con varias actuacións.
8. Colaboración con outras entidades da contorna. Visionaronse diferentes videos das actividades realizadas, que fixeron as delicias dos asistentes, antes de proceder a elexir a Xunta Directiva, para os dous anos vindeiros, que foi escollida por unanimidade.
Presidente.Xabier Camba Sanmartín,
Vicepresidenta. Natalia Carbajal Porto,
Secretario: Manuel Rosende Torres,
Tesoureira. Rosa Herraiz Cabanas
Vocal. Julio Porto Paramá
Vocal. María Dolores Camba Cabanas
Vocal. María Luz Rodríguez Pazos
Vocal. Manuel Ángel Bouzón Fernández.
Vocal. Noelia Bouzón Docampo
Vocal. Manuel Porto Gestoso.
Vocal. Cristina Riveira Porto.
Novos/as vocais
Laura Herraiz Cabanas
Carmen Ribadeo Piñeiro
Manuel Uzal Docampo
A reunión rematou cunha merenda de convivencia a base de chocolate con rosca.

luns, 10 de febreiro de 2014

ASEMBLEA ANUAL DA ASOCIACIÓN

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ANUAL
A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, convoca aos socios e socias a Xunta Xeral anual que terá lugar o domingo 16 de febreiro de 2014 ás 5:30 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:
1. Informe de xestión do ano 2013
Informe de actividades(con proxección de fotografías e vídeos)
Informe económico.
2. Elección de Xunta Directiva
3. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2014
4. Programación anual.
5. Rogos e preguntas.

Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e biscoito.

imaxe da asemblea do ano pasado

fin de ano 2013 en imaxes

Aínda que xa pasou algún tempo, aí quedan as mellores imaxes da pasada festa de fin de ano no local