venres, 31 de decembro de 2010

presentación: malas cartas, de Manuel Pereira

                                           Estás convidado/Estás convidada

luns, 27 de decembro de 2010

fotos I ruta de nadal 2010

aí quedan as imaxes dunha estupenda xornada, foi unha feliz ruta de nadal en Ouzande o 25 de decembro de 2010

e andamos isto (10,5 km) Cortesía de Carmela Sánchez Arines

venres, 3 de decembro de 2010

fotos castañas a beilar 2010

Aí quedan as fotos da festa das castañas do pasado 13 de novembro. A pesar do temporal, castañas e festa.


mércores, 10 de novembro de 2010

castañas a beilar

Este sábado, 13 de novembro, castañas asadas e viño novo, de balde para todos e todas. Enredos con castañas, servizo de bar, chourizos asados e moita festa con Retrouso. Trae o teu instrumento para facer aínda máis festa.

luns, 11 de outubro de 2010

imaxes da visita a Castrolandín

Aí quedan unhas fotos da actividade que organizamos xunto coa Asociación Santa Apolonia de Guimarei. Unha estupenda visita e unha verdadeira lección de Historia de Galicia a que nos deu Mario, da Fundación Terra Termarum...

luns, 4 de outubro de 2010

visita a Castrolandín


A  Fervenza de Ouzande, en colaboración coa AV Santa Apolonia de Guimarei, organizan unha visita ao Castro de Castrolandín e á Fundación Terra Termarum sita no casco urbano de Cuntis. As visitas estarán guiadas por persoal de dita fundación.
Os puntos de saída serán as Igrexas de Ouzande e Guimarei, ás dez horas da mañá do próximo domingo día 10 de Outubro. O regreso está previsto para as 13:00 horas. O desprazamento realizarase en vehículos particulares.
Máis información sobre o castro e a fundación aquí.

domingo, 3 de outubro de 2010

fotos do incicio das clases de música e baile 2010-2011

Aí quedan unhas fotos e os horarios definitivos:

Todos os sábados:
Gaita: 12:15
Tamboril: 15:30
Pandeireta (perfeccionamento): 16:30
Baile: 17:30
Pandeireta: 18:30

As clases de pandeireta darán comezo o sábado 16 de outubro
As persoas interesadas nas clases de tamboril están convocadas a unha reunión o próximo sábado día 9 ás 16:30
As clases de gaita comezan o próximo sábado día 9

xoves, 30 de setembro de 2010

inicio das clases de música e baile en ouzande 2010-2011

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 2 de outubro no local do campo da festa ás 5 da tarde.
Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE e TAMBORIL.
Tamén convidamos ás participantes nas clases de pandeireta a traeren a mesma para interpretaren algunha peza. As persoas que veñan tamén poden traer os seus instrumentos.
O horario da clase de GAITA será todos os sábados ás 11:30 da mañá.
Anímate a tocar algún instrumento ou a bailar. Verás que non é tan difícil, e ademais vaste divertir.


fotos caixiña de mistos en ouzande

estivo o 12 de setembro nas festas de ouzande, tarde de cinema inolvidable para peques (e maiores...)

fotos fervenza de músicas 2010

Acórdaste que ben o pasamos?


martes, 7 de setembro de 2010

a caixiña dos mistos en ouzande

Para este domingo 12 de setembro temos preparada unha sesión de cinema infantil na CAIXIÑA DOS MISTOS. Trátase dunha caravana adaptada como sala de proxeccións na que se exhibirán diferentes peliculiñas dirixidas a rapaces e rapazas de 0 a 14 anos. A CAIXIÑA estará no Campo da Festa a partir das 6 da tarde, ata as 9 e media.
A CAIXIÑA DOS MISTOS é unha iniciativa de MrMISTO FILMS
Aí queda un video dunha canle de TV onde se informa sobre a actividade:

domingo, 5 de setembro de 2010

fervenza de músicas 2010


A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande e a Xunta Parroquial presentan a terceira edición da FERVENZA DE MÚSICAS, III Foliada de Música Tradicional para estas Festas do Socorro. A cita musical terá lugar o próximo venres, 10 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

A Requinta da Laxeira (Sarandón)
Os Xeitosos de Trazo
Regato de Matamulleres (Callobre)
Gharatuzas (Santiago)
Retrouso (Ouzande)

O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco.
Anímate e participa. Podes traer os teus instrumentos. A festa remata cando ti queiras.
Temos estas fermosas camisolas á venda na Taberna de Ouzande e no Café A Farola da Estrada. Tamén estarán á venda na Foliada.

luns, 23 de agosto de 2010

fotos mago toño en ouzande 2010

volveu o mago toño a ouzande o pasado 8 de agosto

un día no muiño

desta volta, fomos pasar o día ao muíño do rubio

fotos lumeiro 2010

As imaxes da noite máxica. Auga de flores, home do saco ao lume, chourizos, festa, lume...

fin de curso clases 2010

Aí quedan as fotos da festa de fin de curso que celebramos o día 19 de xuño e tamén unhas fotos do "ensaio xeral" (5 de xuño), no que nos xuntamos os participantes nas clases de música e baile deste curso 2009-2010

fotos roteiro castro de arcos 2010

Levamos varias actividades sen actualizar as fotografías. Comezamos. Aí quedan as da ruta do Castro de Arcos que se celebrou o pasado 13 de xuño

martes, 3 de agosto de 2010

mago toño en ouzande


O domingo 8 de agosto de 2010 ás 19:30, e como peche ás festas patronais de Ouzande, actuación do gran MAGO TOÑO no local social do campo da festa de Ouzande.
Non o perdas.

xoves, 29 de xullo de 2010

festa no muíño



Este ano houbo que pórlle lentes de sol ao moucho, porque a festa facémola de día.
O sábado 31 de xullo, a partir das 2 da tarde no muíño do rubio. Só hai que levar o xantar e ganas de festa.
Se non sabes o camiño, pregunta na Taberna de Ouzande

martes, 22 de xuño de 2010

lumeiro 2010



O próximo 23 de xuño, mércores, terá lugar o lumeiro no campo da festa de Ouzande. Como todos os anos, darémoslle a benvida ao verán arredor da fogueira. Faremos festa co grupo Retrouso e pódese levar algún instrumento para animar. Teremos á venda pan e chourizos que poderá asar cada un nas brasas da fogueira, con espetos de loureiro. E ao final saltaremos por riba do lume. Se queres, podes traer algún recipiente para levares a auga de flores para a casa.
Como sempre, haberá algunha sorpresiña..., ¿onde andará o home do saco? Se aparece, poderemos escribir nun papel o que queiramos queimar con el...
Ah! Os nenos e as nenas están invitados a vir a partir das 6 da tarde... os maiores esperade que chegue a noite...

mércores, 9 de xuño de 2010

imos andar. roteiro do castro de arcos


Hora de saída: 10.00 da mañá, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:30 ao mesmo sitio. Percorrido de 11 km.
LUGARES DE INTERESE: no camiño habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
-Castro de Arcos. Fermoso promontorio, coas trazas de castro, pero que está sen escavar. Desde o alto. obsérvanse fermosas panorámicas do Val da Anllada e do monte Xesteiras, pero tamén de Terra de Montes, A Ulla e Terras de Santiago. Recoméndase levar prismáticos, pois mesmo se chega a ver a Ría desde o alto.
-Aldea de Ferreiros. Pertence ao concello de Cuntis, aínda que históricamente sempre existiu unha grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.
-Camiño dos lobos. Para chegarmos á aldea de Ferreiros utilizaremos antigas sendas que eran utilizadas polos veciños de ambas parroquias, e sobre as que aínda hoxe se escoitan moitas historias de lobos.
- Fonte do Redondo. Xa de volta faremos unha parada no fermoso contorno da Fonte do Redondo, en Ouzande, onde a auga abrolla directamente desde o chan.

mércores, 2 de xuño de 2010

fotos excursión verín 2010

Aí quedan as imaxes da nosa viaxe a Verín, o pasado domingo 30 de maio. Castelos, historia, auga, calor..., e moita camaradería