mércores, 25 de xaneiro de 2017

Convocatoria da Xunta Xeral Anual da Fervenza de Ouzande. 2017

A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande convoca a  Xunta Xeral Anual, que terá lugar o domingo 29 de xaneiro de 2017 ás 17:30 horas no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:

1. Informe de xestión do ano 2016
-Informe de actividades (con proxección de fotos e vídeos)
-Informe económico 

2. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2017

3. Programación anual.

4. Rogos e preguntas.

Ao rematar a reunión terá lugar unha merenda con chocolate quente e rosca.

Rógase a asistencia a socias e socios
Na reunión estarán á súa disposición os recibos da cota anual do presente ano, así comos os pendentes do ano anterior. Despois quedarán á disposición de socias e socios na Taberna de Ouzande.

imaxe da pasada Xunta Xeral

As fotos da Ruta de Nadal


Feliz Ruta de Nadal en Ouzande.

Pechamos as actividades do 2016 coa tradicional Ruta de Nadal, que chegaba á súa sétima edición. Un animado grupo de camiñantes percorreu nunha fermosa mañá de Nadal os 12 km polos montes de Ouzande e A Somoza.
Aí quedan algunhas imaxes. Se queres ver máis, pincha aquí: FOTOS RUTA NADAL 2016