martes, 7 de xullo de 2020

EN SETEMBRO, VOLVEMOS. CLASES DE MÚSICA E BAILE DA FERVENZA DE OUZANDE


Despois destes meses de confinamento por causa da pandemia da COVID 19, nas que tivemos que suspender todas as actividades asociativas, e por suposto as clases de música, e despois de darlle moitas voltas, anunciamos que en setembro VOLVEMOS.

Se estás insteresado/a en participar nas nosas clases podes solicitar información, consultar dúbidas e preinscribirte no correo electrónico da asociación: carreirosouzande@gmail.com

Temos o verán para pensalo. Anímate:

Grupos reducidos
Medidas hixienicas
Responsabilidade social

Disciplinas e docentes:

Gaita e percusión: Noelia Bouzón (sábados pola mañá)
Pandeireta: Silvia Martínez (sábados pola tarde)
Baile: Silvia Martínez (sábado á noitiña)
Canto tracional: Miguel Ponte (martes á noitiña)

TODO ISTO ACONTECERÁ SE AS CIRCUNSTANCIAS O PERMITEN NO MES DE SETEMBRO E SE TI TE ANIMAS A PARTICIPAR.