martes, 30 de marzo de 2010

mamasunción, segunda sesión

O domingo pasado, día 28, repuxemos Mamasunción e Mamasunción volve ao correo. Aí quedan unhas fotos

luns, 22 de marzo de 2010

imaxes de mamasunción

Aí quedan unhas fotos da presentación de Mamasunción volve ao correo, de Rochi e Xoque Carbajal, sobre Mamasunción de Chano Piñeiro, que tamén a puidemos ver...

O PRÓXIMO DOMINGO REPETIMOS.
O día 28 ás 5 e media da tarde repoñemos esta sesión de cinema, pois houbo bastantes persoas que non puideron asistir. E se che gustou moito, podes repetir...

venres, 12 de marzo de 2010

mamasunción


TARDE DE CINE EN OUZANDE

MAMASUNCIÓN VOLVE Ó CORREO

Proxección do documental realizado polo ouzandés Xoque Carbajal e Francisco Rozados "Rochi" no XXV aniversario de MAMASUNCIÓN de Chano Piñeiro, que tamén se proxectará no transcurso do acto.
Contaremos coa presenza dos autores da obra.

Domingo 21 de marzo ás 6 da tarde. Local Social de Ouzande

Máis información sobre o documental aquí

luns, 1 de marzo de 2010

carreiros 8

Foi con algo de retraso, pero xa temos o novo CARREIROS. É para ti
Aí quedan unhas imaxes da presentación, o domingo 28 de febreiro, e unha reseña dos contidos. Que o disfrutes.
A AC A Fervenza de Ouzande publica o oitavo número da sua revista de difusión socio-cultural, CARREIROS, que se edita a toda cor. Os temas son os seguintes:
Neste número continuamos a serie, iniciada en números anteriores dedicada á investigación sobre os emigrantes ouzandeses noutras latitudes, baixo o título “Memoria da emigración”. Neste caso inclúese un artigo sobre Manolo de Chedas, emigrante en Sao Paulo, Brasil. (O artigo basease nunha entrevista gravada e realizada por Manuel de Cabanas, emigrante e “correspondente” de Carreiros na diáspora)
Crónica da viaxe do grupo de música Retrouso a Bretaña.
Creación literaria: Poemas de Manuel Cabanas, emigrante ouzandés no Brasil, e do estradense Senén Campos Maceiras.
Premio San Martiño de Normalización Lingüística. Discurso na entrega do premio.
Casas de Ouzande. Neste número iniciamos unha serie, que continuará en edicións próximas, sobre casas senlleiras da parroquia. Comezamos coa casa do cura.
Tamén encetamos outra serie, baixo o epígrafe: Os nomes de Ouzande, onde repasaremos a toponimia da parroquia.

Outras seccións:
Editorial
Memoria Fotográfica
Crónica de actividades, onde se recolle un resume das actividades levadas a cabo pola Asociación en 2009.

O consello de redaccion está formado por:
Laura Rosende Torres
Noelia Bouzón Docampo
Manuel Rosende Torres
Xabier Camba Sanmartín e
Rosa Herraiz Cabanas, encargada do deseño e maquetación

Realizouse unha tiraxe de 300 exemplares.
A revista pode adquirirse nos seguintes establecementos:
Taberna de Ouzande
Café A Farola
Libraría Alberte Quiñoi
Bar A Caldesiña
Se estás lonxe e queres ter CARREIROS ponte en contacto con nós: carreirosouzande@gmail.com

festa das clases de música e baile

O pasado sábado xuntámonos e fixemos festa...
Velaí