xoves, 24 de abril de 2008

anacos de universo

Trátase dunhas xornadas de iniciación á astronomía, nas que as persoas interesadas poderán aprender algo máis sobre o inmenso ceo que está sobre as nosas cabezas. Os contidos serán:

· 1ª Parte: O Universo. Estudaranse as teorías sobre o comezo do universo, así como algúns obxectos que existen nel; tamén falaremos dalgúns astrónomos importantes.

· 2ª Parte: ¿Onde Estamos?. Falarase da nosa situación no universo, da Vía Láctea e faremos un breve estudo do Sistema Solar.

· 3ª Parte: Observación. Nesta parte sairemos unha noite a facer unha pequena observación astronómica coa axuda dun planisferio celeste, para localizar algunhas constelacións e planetas

Data: Sábados 3 e 10 de maio ás 7:30 da tarde no local de Ouzande.

Prezo: É de balde para os socios e socias. Para o resto: 7 euros. Inscrición: Taberna de Ouzande. Ou en carreirosouzande@gmail.com

Prazas: Hai prazas limitadas, polo que é recomendable anotarse canto antes.

martes, 8 de abril de 2008

retrouso campión!!!

Esta vez si!
Noe, César, Alex e Antonio triunfaron en Arteixo. O noso grupo acadou o primeiro premio no IX Concurso de Música Tradicional Xiradela, celebrado o domingo día seis, no fermoso centro cívico e cultural de Arteixo. Desde A Fervenza de Ouzande queremos felicitar aos compoñentes do grupo polo seu traballo e polo premio acadado. Para nós seredes sempre os mellores. Queremos felicitar tamén a Marcos, o profe de Gaita, polo cariño e ilusión que pon sempre no seu traballo...
Ese Retrouso!!!!!

E aí van unhas fotos deste día tan emocionante...

Un dos "momentos" da actuación: Noe demostrou o seu aplomo e serenidade afinando "de verdade". Quedouse co xurado e co público, non cabe dúbida.

Retrouso en plena actuación.

Un dos momentos máis emocionantes: César e Antonio (querémoste, picheleiro) recollen o premio.

Por fin, posando co premio. A nosa gratitude e cariño para Marcos Varela. O mellor profe e amigo.