martes, 28 de xullo de 2015

unha noite no muiño 2015



O próximo sábado, 1 de agosto, celebramos unha nova edición de UNHA NOITE NO MUIÑO.

A partir das 10 e media da noite estaremos agardando no Muíño do Rubio, na Fervenza de Ouzande. Haberá festa e música para unha noite de convivencia e lecer. Hai que levar a cea e moita gana de pasalo ben.
É imprescindible levar lanterna para o camiño, onde poderás levar algunha que outra sorpresa.

Estás convidado/Estás convidada.
NA FESTA DO MUIÑO PODEN PARTICIPAR TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS QUE O DESEXEN. E OS SEUS AMIGOS TAMÉN....

Para quen queira ir “ben preparado/a” convocamos unhas sesión de maquillaxe para ser caracterizado de meiga/o da fervenza. A PARTIR DAS 7 DA TARDE NO LOCAL DO CAMPO DA FESTA. Levar roupa negra. (Dirixido sobre todo a rapaces e rapazas, pero para todas as idades)

Nota: Se queres, tamén podes colaborar na limpeza da zona dos muíños, para o que quedaremos o próximo xoves día 30 a partir das 7 da tarde.

luns, 27 de xullo de 2015

imaxes do lumeiro 2015

O pasado 23 de xuño celebramos, un ano máis, a Festa do Lumeiro. Desde pola tarde, coa preparación da fogueira, a auga de flores e do home do saco, ata altas horas da noite o campo da festa foi o marco no que moitos veciños e veciñas se deron cita arredor do lume. Deron boa conta dos chourizos asados que a organización ofrecía e participaron animadamente na procesión do home do saco ao lume, co que queimaban todo aquelo que escribiron nos papeis que levaba o boneco no seu saco. Despois de prender o lume á gran fogueira, a música, as cancións e o baile deron brillo a esta noite tan especial. Todos os asistentes puideron levar para as súas casas un recipiente con auga de rosas.