luns, 26 de setembro de 2011

bailas? cursos de música 2011-2012

CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA E TAMBORIL AC A FERVENZA DE OUZANDE Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 1 de outubro no local do campo da festa ás 16:30 da tarde. Novidade importante: Este ano teremos clases de ACORDEÓN, ademais das clases de GAITA, PERCUSIÓN, BAILE E PANDEIRETA. Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. Tamén convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a Asociación convida a uns pinchos de merenda.

martes, 6 de setembro de 2011

IV FERVENZA DE MÚSICAS

A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada. Compartiremos festa cos grupos Retrouso (Ouzande) Os Xeitosos de Trazo Gharatuzas (Santiago) Reviravolta (O Pino) Faíscas da Pontraga (Tordoia) Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras. Campo cuberto.