luns, 24 de marzo de 2014

imaxes da 1ª edición dos cantos de taberna da Estrada

O pasado sábado o Grupo Retrouso, acompañado do Orfeón Recanto, participou na primeira edición da actividade organizada polos bares da Zona dos Viños da Estrada e pola AC Regatos. Nunha mañá na que o tempo acompañou, unha decena de grupos chegados de diferentes puntos da zona animaron as rúas estradenses e os bares da zona. A actividade tivo unha exquisita organización e a festa prolongouse ata altas horas da noite.

mércores, 19 de marzo de 2014

Retrouso e mais Recanto de Ouzande nos CANTOS DE TABERNA DA ESTRADA

O próximo sábado, 22 de marzo terá lugar a primeira edición dos CANTOS DE TABERNA DA ESTRADA organizados polos Bares da Zona dos Viños e pola AC Regatos. Retrouso, ben acompañado polo grupo de cancións Recanto, participará na festa da que vos deixamos o cartel anunciador. Estás convidado/a


Cartel cos horarios e bares
O noso agradecento aos amigos de REGATOS polo convite.

sábado, 15 de marzo de 2014

Imaxes do Antroido 2014 en Ouzande

As mellores imaxes do Antroido 2014. O pasado 1 de marzo, o OUZANDE FASION WEEK trouxo aos famosos e famosas á parroquia. Desfile e Fotocol. As catiuscas e as batas foron tendencia. As cegas cantaron as súas coplas e festa e merenda para todos.

coplas das cegas 2014







sábado, 1 de marzo de 2014

cambios na programación do antroido 2014

Por causa das condicións metereolóxicas previstas para o día de hoxe, queda suspendida a caravana antroideira en tractor pola parroquia. A partir das 7 da tarde  merenda e gran festa de disfraces no local social. Pase de modelos, PHOTOCALL DE FAMOSEO, DJ´S..... e moita festa. Merenda de antroido para recuperar forzas, e todo de balde e para todos e todas. NON FALTES