xoves, 17 de novembro de 2016

OBRADOIRO DE COSMÉTICOS NATURAIS EN OUZANDE

OBRADOIRO DE PRODUTOS  DE LIMPEZA E COSMÉTICOS NATURAIS
Será impartido pr Montse Fernández Búa (Bio Casa Xorxeira) e no mesmo farase a elaboración de:
Xabón de tocador
Bálsamo de caléndula
Xabón de lavadora
Para isto utilizaranse produtos naturais.
A actividade enmarcase dentro da liña que mantén a asociación desde os seus inicios á hora de divulgar e promover o respecto polo ambiente e a utilización de materiais reciclados. Engadimos, con esta iniciativa, a idea de facilitar ás persoas interesadas, as ferramentas necesaria cara un xeito de vida autosuficiente, aproveitando os recursos que temos a man para facermos as cousas nós mesmos. 


Sábado 26 de novembro 17:30h 
Local Social de Ouzande
Socios/as gratis
Non socios/as 5 euros

As persoas interesadas poden inscribirse na Taberna de Ouzande (986570285) ou no correo da asociación carreirosouzande@gmail.com ou no Facebook da mesma. As prazas son limitadas.

martes, 8 de novembro de 2016

festa d´OUTONO en OUZANDE



A Asociación continúa co seu programa DE OUTONO, coa celebración da Festa de Outono que terá lugar o próximo sábado 12 de novembro de 2016.
A partir das 20:30 da noite no Campo da Festa de Ouzande celebramos a festa das castañas en Ouzande. 
Haberá castañas asadas e viño novo, de balde para todos os asistentes. 
Este ano volveremos ter novidades gastronómicas interesantes para facer unha festa máis doce para todos:
-Degustación de pasteis e doces elaborados con castañas  e produtos do outono cociñados por socios e socias.
-Tamén teremos un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para completar a festa. 
Non faltará a música cos compoñentes de RETROUSO,  e co grupo de cancións RECANTO.
Nesta ocasión contaremos ademais coa participación musical do grupo de S. André de Vea, AS CARABUÑEIRAS DE VEA.

RETROUSO E RECANTO ANIMARON O MAGOSTO DE GUIMAREI

Os grupos de música e canto tradicional de Ouzande, en total unhas trinta persoas, achegáronse á  veciña parroquia de Guimarei, convidados pola Asociación de Veciños Santa Apolonia, para participar musicalmente na celebración do Magosto. Foron convidados a unha boa merenda pola organización e fixeron as delicias dos asistentes coa interpretación dun bo repertorio de pezas da nosa música. Tamén se animaron a botar algúns bailes.
Aí quedan as imaxes do evento.








VOLVERON AS XUNTANZAS PARA TECER. TODOS OS LUNS

Desde o pasado mes de outubro, un nutrido grupo de mulleres  participan nas XUNTANZAS PARA TECER. Todos os luns de 8 a 10 da noite no local social de Ouzande. Non é un curso. Comparten e aprenden vivencias e experiencias. Tamén o pasan ben. Podes vir cando queiras