Os nosos RETROUSO non defraudaron. Parabéns a Noe, Marcos, Alex e Antonio polo ben que o fixeron en Ponteareas. A verdade é que houbo moito nivel e que os que levaron os premios merecérono ben. Noraboa a todos, especialmente aos Chupacabras que gañaron.
mércores, 24 de setembro de 2008
mércores, 17 de setembro de 2008
xogos populares "OUlímpicos"
Alá foron os II xogos oulímpicos da nosa eira. Rematamos cunha divertida tarde de xogos tradicionais e populares. Aí quedan as imaxes do día.
fervenza de músicas
Que ben o pasamos. Temos que agradecerllo a Retrouso, O Regato de Matamulleres, Xa son faif e á Requinta da Laxeira, que nos fixeron bailar a base de ben.
xoves, 11 de setembro de 2008
xogos tradicionais e clausura OUlímpica
A Fervenza de Ouzande programa unha tarde de xogos para poñer remate ás Festas do Socorro. Comezarán a partir das 18:30, coa inscrición de todos interesados, que a continuación poderán practicar os diferentes xogos que estarán no campo da festa.
A tarde rematará coa cerimonia de clausura do ANO OULÏMPICO de Ouzande e cunha merenda para todos e todas as participantes.
A tarde rematará coa cerimonia de clausura do ANO OULÏMPICO de Ouzande e cunha merenda para todos e todas as participantes.
Xogo da ra, Zancos ou chalancas, Chave, Aros, Petanca, Sacos, Trompos, Corda, Bólas, Chapas, Birlos celtas, Bolos do Soldón.
Hai xogos para todas as idades, maiores e pequenos.
venres, 5 de setembro de 2008
fervenza de músicas
Os grupos convidados son
Retrouso (Ouzande)
Regato de Matamulleres (Callobre)
Xa son faif (Teo)
Requinta da Laxeira (Vedra)
Por suposto estás convidado/a a vir pasalo ben, e se queres trae algún instrumento que non hai hora para o remate da festa.
Teremos carro de polbo e churrasco, e o campo ben cuberto para estar ao enxoito.
mércores, 20 de agosto de 2008
mércores, 13 de agosto de 2008
mércores, 6 de agosto de 2008
II xogos OUlímpicos
O próximo domingo día 10 de agosto, nas Festas de San Lourenzo, a AC A Fervenza de Ouzande organiza os segundos “Xogos Oulímpicos”, a partir das 6 da tarde no Campo da Festa. A actividade destinada a público de todas as idades constará dos seguintes xogos e deportes:Lanzamento de pluma.
Subida de augas mansas
Levantamento de carozos
Salto de Toupa
100 metros arrughados
Baloncegho
Xincarreta
Biciclentas
Horario:
18:00 Inscricións
18:30: Recibimento do Fachico Oulímpico e Desfile Oulímpico con todos os participantes
19:00. Probas Oulímpicas.
20: 45: Entrega de Medallas e agasallos.
21: 00. Exhibición ecuestre.

Non esquezas mercar a túa camiseta "oulímpica". Hainas na taberna de Ouzande e no café A farola. Modelos e talles variados, como se ve na foto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





