martes, 8 de marzo de 2016
Convite concerto presentación do disco DOUS de Retrouso no Principal da Estrada
Estás convidado/Estás convidada
Recorda que as entradas son de balde e poden retirarse na Taberna de Ouzande, no departamento de Cultura do Concello da Estrada ou o propio día do concerto no Teatro.
luns, 7 de marzo de 2016
Retrouso presenta o seu disco DOUS no Principal da Estrada.
TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA_11.03.2016
21:30 h. Entrada de
balde. Poden retirarse na billeteira, o propio día do concerto, no departamento
de Cultura do Concello ou na Taberna de Ouzande.
O grupo de música
tradicional nacido en Ouzande, presenta o seu segundo traballo discográfico,
baixo o título de DOUS. Hai dez anos, no ano 2006, un grupo de mozos e mozas
que aprenderan xuntos, e que tocaban xuntos, decidiron chamarse Retrouso.
Tocaron en ducias de ruadas, foliadas e festas grandes e pequenas. En 2012
sacaron OU, o seu primeiro traballo.
Hoxe, dez anos despois do principio, achegan DOUS, maduro, limpo e
fresco. Brillante.
Nesta ocasión
estarán acompañados, como introdución do espectáculo, dunha representación do
labor de dinamización musical levado a cabo na AC A Fervenza de Ouzande. Gaita,
percusión, pandeireta, baile e o grupo de cancións Recanto, servirán de
preludio ao concerto de Retrouso.
III Cantos de Taberna na Estrada. Retrouso+Recanto
Aí quedan as imaxes dos nosos grupos na terceira edición dos Cantos de Taberna na Estrada, o pasado sábado 5 de marzo de 2016.
xoves, 3 de marzo de 2016
martes, 1 de marzo de 2016
Retrouso e Recanto nos III Cantos de Taberna da Estrada
Un ano máis os grupos de música ouzandeses participarán nos Cantos de Taberna da Estrada. Imos pola terceira edición. O próximo sábado 5 de marzo.
luns, 22 de febreiro de 2016
Imaxes Antroido de Mozas 2016
Aí quedan as mellores imaxes do pasado Antroido de Mozas, celebrado o sábado 6 de febreiro. Con nós estiveron moitas mozas, e As sobreiras do Ulla, de Touro. Moita festa e moita animación.
As cegas cantaron, un ano máis, as súas coplas.
As cegas cantaron, un ano máis, as súas coplas.
xoves, 4 de febreiro de 2016
Antroido de mozas en Ouzande.
RAPACES E RAPAZAS!
MOZOS E MOZAS!
MAIORES TAMÉN!
NON QUEDEDES NA CASA NO ANTROIDO
E VIDE COS VOSOS DISFRACES
A PASALO BEN E DIVERTIRSE MOITO
NON QUEDEDES NA CASA NO ANTROIDO
E VIDE COS VOSOS DISFRACES
A PASALO BEN E DIVERTIRSE MOITO
GRAN
ANTROIDO DE MOZAS EN OUZANDE
Cada un e cada unha ao seu xeito, este ano imos de MOZAS. Moderna, hipi, vella, labrega, chic, festeira....
Cada un e cada unha ao seu xeito, este ano imos de MOZAS. Moderna, hipi, vella, labrega, chic, festeira....
Sábado 6 de febreiro
de 2016
A partir das 5 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. Sobre as
5 e media sairemos en comparsa antroideira pola parroquia. Estaremos acompañados polo grupo de gaitas As Sobreiras do Ulla (Touro) e Retrouso de Ouzande.
Horario
aproximado, porque, como imos a pé, non levaremos moita présa:
17:30
da tarde: saída do campo
17:45
Alemparte
18:15: O
Redondo
18:45:
O Tallo
19:30:
Taberna
Seguirá unha gran
festa antroideira no campo da festa e no Local Social. Haberá merenda a base de
produtos típicos de antroido moita música e festa. NON FALTARÁN Á SÚA CITA AS
CEGAS DO ANTROIDO QUE RECITARÁN AS SÚAS COPLAS, NAS QUE NON ESQUECERÁN ÁS NOVAS
MÁIS IMPORTANTES DA PARROQUIA E DO MUNDO MUNDIAL.
Nota: Se queres botar unha man, para preparar a festa do campo, quedamos ese sábado 6 ás 10.30 da mañá no campo.
A AC A Fervenza de Ouzande convida a todos os veciños e veciñas de Ouzande a celebrar o antroido na nosa parroquia.
Nota: Se queres botar unha man, para preparar a festa do campo, quedamos ese sábado 6 ás 10.30 da mañá no campo.
A AC A Fervenza de Ouzande convida a todos os veciños e veciñas de Ouzande a celebrar o antroido na nosa parroquia.
mércores, 3 de febreiro de 2016
Crónica e Fotos da Xunta Xeral Anual da Asociación
Conclusións do Informe de xestión de actividades 2015.
1. Implicación
activa dos asociados:
-Alta porcentaxe de pagamento da cota anual.
-Aumento do número de persoas asociadas.
-Participación nas actividades moi satisfactoria. Tanto na cantidade como
na implicación nas mesmas.
2. Mantemento de
número de iniciativas socioculturais, sobre a vintena.
3. Mantemento
do número de persoas participantes, tanto socias como non socias, superando o millar.
Participanción moi considerable en actividades como as rutas, como a festa
doutono, fin de curso...
4. Aposta
pola continuidade de actividades relacionadas coa noso contorna e pola nosa
relación co medio rural e co medio ambiente. Moi boa acollida tanto
cuantitativa como cualitativa.
5. Deuse
continuidade á programación especial de Outono. Supuxo un éxito en canto ao
número de actividades e a participación nas mesmas.
6. Mantemento
das actividades de aire libre, rutas e excursión, e celebración do ciclo
festivo anual, antroido, lumeiro, magosto... Boa participación nas mesmas.
7. Potenciación
das Clases de música e baile tradicional. Aumento das persoas inscritas.
Aumento de socios. Participación do grupo de cancións Recanto en
iniciativas de fóra da parroquia: A Estrada, Callobre, Santiago...
Consolidación de Retrouso como un referente na música tradicional da comarca.
Gravación do seu segundo disco.
8. Colaboración
con outras entidades da contorna. Callobre, S, André de Vea, centros educativos.
Destacamos a colaboración co grupo de teatro do IES Antón Losada no Roteiro
teatral, que se volverá a celebrar este ano 2016.
9. Exploración de
novas formas de organización a través da posta en marcha, de xeito
autoorganizado das Xuntanzas para tecer en Ouzande, xurdidas a partir do
Obradoiro de tear realizado no ano 2014. As propias participantes no mesmo
puxeron en marcha estas xuntanzas para compartir non só coñecementos e
experiencias sobre a materia, senón tamén para falar e compartir vivencias. Supuxo
ademais o achegamento de novas socias para a Asociación.
Previsións para o 2016
1. Manter o nivel de
actividades do ano pasado, procurando cumprir os obxectivos que se enunciaron
no apartado anterior.
2.
Dinamización da Ruta da Fervenza. Folletos, sinalización, etc. Continuación da
recuperación do Muiño do Rubio.
3. Realizar
actividades de celebración do 15º aniversario da Asociación. Celebrar unha
festa en conmemoración do mesmo.
Nova xunta directiva.
Presidente.Xabier Camba Sanmartín,
Vicepresidenta. Natalia Carbajal Porto,
Secretario: Manuel Rosende Torres,
Tesoureira. Rosa María Herraiz Cabanas
Vocal. María Dolores Camba Cabanas
Vocal. María Luz Rodríguez Pazos
Vocal. Manuel Ángel Bouzón Fernández.
Vocal. Noelia Bouzón Docampo
Vocal. Manuel Porto Gestoso.
Vocal. Cristina Riveira Porto.
Vocal. Laura Herraiz Cabanas
Vocal. Carmen Ribadeo Piñeiro
Vocal. Manuel Uzal Docampo
Nova vocal. María Chedas Camba
sábado, 30 de xaneiro de 2016
Convocatoria de Xunta Xeral Anual da Asociación
AC A FERVENZA DE OUZANDE
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ANUAL
Convócase a socios e socias á Xunta Xeral anual da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, que terá lugar o domingo 31 de xaneiro de 2016 ás 5:30 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande.
A orde do día será a seguinte:
Avisos:
1. É moi importante que fagas o posible por asistir á reunión para que entre todos colaboremos na boa marcha da asociación, e na proposta e organización de actividades. Recorda que a Asociación somos todos e todas.
2. Na reunión estarán xa a disposición de todos os socios e socias os recibos da cota anual correspondente, e os pendentes do ano anterior (para os socios/as que non pagaron aínda). Recorda que para a organización das actividades é moi necesario dispoñer dos recursos económicos necesarios. Despois da reunión quedarán á túa disposición na Taberna de Ouzande.
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ANUAL
Convócase a socios e socias á Xunta Xeral anual da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, que terá lugar o domingo 31 de xaneiro de 2016 ás 5:30 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande.
A orde do día será a seguinte:
- Informe de xestión do ano 2015
- Informe de actividades(con proxección de fotografías e vídeos)
- Informe económico.
- Elección de Xunta Directiva
- Previsión de ingresos e gastos para o ano 2016
- Programación anual.
- Rogos e preguntas.
Avisos:
1. É moi importante que fagas o posible por asistir á reunión para que entre todos colaboremos na boa marcha da asociación, e na proposta e organización de actividades. Recorda que a Asociación somos todos e todas.
2. Na reunión estarán xa a disposición de todos os socios e socias os recibos da cota anual correspondente, e os pendentes do ano anterior (para os socios/as que non pagaron aínda). Recorda que para a organización das actividades é moi necesario dispoñer dos recursos económicos necesarios. Despois da reunión quedarán á túa disposición na Taberna de Ouzande.
imaxe da xunta xeral do ano pasado
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





