limpamos o material e coa colleita...domingo, 25 de novembro de 2007
despedida do curso de cogomelos
limpamos o material e coa colleita...luns, 19 de novembro de 2007
comezo do curso de cogomelos
luns, 12 de novembro de 2007
aviso curso cogomelos
As datas definitivas serán: do 19 ao 23 de novembro.
Aínda queda algunha praza libre.
Inscríbete acompañando o nº do dni en carreirosouzande@gmail.com
PECHADA A INSCRICIÓN.
A día 13 de novembro pechamos a inscrición ao completarseo tope de 25 persoas que temos asignado para o curso.
xoves, 8 de novembro de 2007
festadoutono 07
CASTAÑAS+CABAZOS
Este ano celebraremos de novo a festa das castañas á que se sumará o Obradoiro de Cabazos creativos.A actividade terá lugar o próximo sábado 10 de novembro a partir das 5 da tarde. Pretendemos que sexa unha festa para todas as idades, para o cal temos as seguintes propostas:
Obradoiro de cabazos creativos. A partir das 5 da tarde. Dirixido a rapaces e rapazas, pero tamén pode participar calquera persoa que o desexe. Consiste na elaboración de figuras(caras ou o que se queira) utilizando os cabazos ou cabazas como material. Recomendamos traer cunchas de vieira para vacialos mellor.
Asado de castañas. A partir das 19:30. Como sempre pedímosvos que traiades unhas poucas para así podelas asar e compartir entre todos.
Música, viño e festa. A Asociación pon o viño para todos. Tamén haberá festa a que se queira. Quen teña, que traia o seu instrumento musical.
venres, 26 de outubro de 2007
en outono, cogomelos
Aínda que o clima é un poco adverso pola escaseza de chuvia, chegou o tempo de ir ao monte aos cogomelos (foncho, fungo, pan de cobra, pan de curuxa, pan de meiga, pan de raposo, pan de sapo, pan do cego, pan do demo, pan do lobo, sombreiro de sapo...)Se queres saber todo sobre eles, a Fervenza organiza un curso no mes de novembro.
datas: do 12 ao 16 de novembro
hora: 20.30
lugar: local social do campo da festa de Ouzande
inscrición: na taberna de Ouzande ou en carreirosouzande@gmail.com
(é necesario achegar unha copia do dni)
O curso é de balde e as prazas son limitadas.
domingo, 7 de outubro de 2007
horarios das clases de música e baile
Os horarios definitivos son os seguintes:
GAITA
venres ás 20.30 ou sábados ás 11.30
PANDEIRETA
sábados ás 16.00 (perfeccionamento)
sábados ás 18.00 (iniciación)
BAILE
sábados ás 17.00
As clases terán lugar no local social do campo da festa de Ouzande e darán comezo o venres 12 e sábado 13 de outubro.
estamos na rede
A AC A Fervenza de Ouzande naceu en 2001 para tratar de dinamizar a vida sociocultural da aldea. Hoxe estreámonos na rede. Pouco a pouco iremos informando das nosas actividades e contándoche a nosa historia.





