luns, 3 de decembro de 2007

carreiros 6


A AC A Fervenza de Ouzande publica o sexto número da sua revista de difusión socio-cultural, CARREIROS, que por primeira vez se publica a toda cor.

Neste número comezamos unha serie que terá continuidade en posteriores edicións dedicada a investigación sobre os emigrantes ouzandeses noutras latitudes, baixo o título “Memoria da emigración”. Neste primeiro traballo inclúese un artigo sobre Manuel Cabanas, emigrante en Sao Paulo.

Investigación sobre a memoria da parroquia. A inauguración da traída de auga a comezo do década dos setenta.

Creación literaria: Colaboracións de Manuel Cabanas, emigrante ouzandés no Brasil, e do estradense Senén Campos Maceiras.

Publícase tamén a seguna parte da investigación do profesor Emilio Ínsua sobre “As campás na literatura galega”, que recolle o seu relatorio sobre o tema nas Xornadas sobre a Linguaxe das Campás, celebradas no mes de outubro de 2005 en Ouzande.

Outras seccións:
Cartas e colaboracións de lectores.

Memoria Fotográfica (celebracións populares nos anos 70)

Crónica de actividades, onde se recolle un resume das actividades levadas a cabo pola Asociación neste último ano. (Cursos, festas tradicionais, festival, etc.)

Cabe destacar que nesta edición o consello de redacción da revista veuse notablemente reforzado con tres novas incorporacións. Trátase de tres mozas da parroquia, cuxa presenza outorga, sen dúbida un impulso de continuidade ao proxecto. Estas son:
Sonia Chedas Camba
Laura Rosende Torres e
Noelia Bouzón Docampo
Xunto a elas conforman o equipo de traballo
Manuel Rosende Torres
Xabier Camba Sanmartín e
Rosa Herraiz Cabanas, encargada do deseño e maquetación

A revista pode adquirirse nos seguintes establecementos:
Taberna de Ouzande
Café A Farola
Copistaría Copistrada
Libraría Alberte Quiñoi

Ningún comentario: